miniatura|Catro botellas de vermú europeo. miniatura|Vermús de diferentes cores. O vermú (do francés vermout ou vermouth e estes do alemán wermut, ‘asente’) é unha bebida alcólica que se toma antes do xantar, e que adoita acompañarse dunha comida lixeira ou petiscoDefinición en Dicionario de alimentación e restauración, VV.AA. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. Elabórase con viño e aromatízase con substancias vexetais maceradas do xénero Artemisia, cunha graduación alcólica comprendida entre 15° e 20°. Adoita comporse de viño branco, asente e outras substancias amargas.vermut, Diccionario Panhispánico de Dudas: «vermú. Estes viños son tipicamente europeos, cun aroma característico que lles dá unha elegancia particular para un cóctel ou aperitivo. Xeralmente pódese atopar dous tipos: vermello e branco. O vermú vermello (italiano) é doce; en tanto que o branco (francés) é seco, con maior grao alcólico.
Historia Segundo un relato, estas bebidas foron inventadas por Hipócrates, soado médico e filósofo da antigüidade, nacido o 460 a. C. Puxo a macerar en viño flores de asente e follas de fraxinela (Dictamnus albus) e obtivo o que na Idade Media foi chamado «viño hipocrático» ou, sinxelamente, «viño de herbas».
A partir de finais do século XVIII, coa chegada de nova tecnoloxía, o viño aromatizado entrou nunha nova dimensión de produtividade, na que destacou a experiencia dos pioneiros piemonteses, mais foi en 1838, cando por mérito dos irmáns Luigi e Giuseppe Cora, a preparación do vermú adquiriu un carácter industrial.
Co paso do tempo a palabra adquiriu tamén un sentido xenérico para definir o aperitivo –calquera bebida cuns petiscos– previo á comida. De aquí provén a expresión «quedamos para tomar o vermú?».
Composición e elaboración O vermú vermello está composto por máis de 40 extractos de herbas, raíces, flores, especias e froitas. Todas estas esencias mestúranse cun pouco alcol no tamburo, un recipiente que dá dúas voltas ao día durante dúas semanas. Tras este proceso engádese o viño e o azucre e déixase repousar. A composición máis común inclúe: Cravo da India Herba da trindade Framboesa Fraxinela de Creta (Dictamnus albus) Asente Limón Raíz de azucena Loureiro tucumán (Cinnamomum porphyrium) Canela de Ceilán.
Produtores de vermú Bellardi Campari Cinzano Las Endrinas Martínez Lacuesta Martini Yzaguirre Mirou Valentín Pascual Vermut Zarro, o vermú de Madrid Zecchini Medvsa-Tarragona Vermouth Perdón-León Petroni
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Gastronomía de Europa Categoría:Cóctel Categoría:Licores