280px|left|thumb|Minaría de fosfato no Senegal. Logo dunha retracción de 2,1% no crecemento o 1993, en xaneiro de 1994, o Senegal adoptou un profundo programa de reforma económica co apoio da comunidade de doadores internacionais. Esta reforma comezou cunha depreciación de 50% da moeda, o Franco CFA de África Occidental, que se mantiña cunha taxa de cambio fixa en relación ao franco francés. O control gobernamental de prezos e os subsidios foron desmantelados Despois o país sufriu un gran cambio cando o Produto Interior Bruto anual comezou a crecer por encima do 5% entre 1995 e 2004, reducíndose a inflación á metade, desde o 18 ao 8,5 por cento. A economía volveu crecer debido ás reformas económicas, e o país tivo un crecemento sostido de 5% ao ano entre o 1995 e o 2008. A inflación anual caeu a 1 díxito.

Como Membro da Unión Económica e Monetaria do Oeste da África (WAEMU), o Senegal ten traballado pola integración económica rexional cunha tarifa externa única e unha política monetaria máis estábel. No entanto, o país aínda depende de doadores internacionais. Baixo o programa do Fondo Monetario Internacional para a débeda dos países pobres, o Senegal beneficiarase da erradicación de dous terzos das súas débedas bilaterais, multilaterais, e do sector privado.

A economía do Senegal está impulsada pola minería, a construción, o turismo, a pesca e a agricultura, que son as principais fontes de emprego nas zonas rurais, a pesar dos abundantes recursos naturais en ferro, circón, gas natural, ouro, fosfatos e numerosos descubrimentos recentes de petróleo. A economía do Senegal obtén a maior parte das súas divisas da pesca, minería de fosfato, cacahuete, turismo e servizos. Como unha das partes dominantes da economía, o sector agrícola do Senegal é moi vulnerable ás condicións ambientais, como as variacións nas precipitacións e cambio climático, e os cambios nos prezos das materias primas.

Os principais obstáculos para o desenvolvemento económico do país son a súa gran corrupción cunha xustiza ineficiente, trámites administrativos moi lentos, e un sector educativo deficiente.The Economist, The African Century, 28 de marzo de 2020.

Notas

Categoría:Senegal Senegal