Pretty Girls Make Graves foi unha banda de post-punk estadounidense formada en Seattle no ano 2001. O seu nome foi sacado da canción de The Smiths co mesmo título (que á súa vez chamouse así por unha cita do libro The Dharma Bums de Jack Kerouac). Andrea Zollo e Derek Fudesco tocaran xuntos previamente en The Hookers, ademais como The Death Wish Kids e Area 51 xunto con Dann Gallucci, con quen Derek formara Murder City Devils. Pouco despois de que Murder City Devils se separase, Derek e Andrea formaron Pretty Girls Make Graves xunto con Jay, Nick e Nathan. A banda separouse no ano 2007, sendo os seus derradeiros concertos en xuño na cidade de Seattle.

Discografía Álbum Ano Selo Good Health 2002 Lookout! Records The New Romance 2003 Matador Records Élan Vital 2006 Matador Records

Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 2001 Categoría:Artistas de Lookout! Records Categoría:Artistas de Matador Records