A foca de Groenlandia (Pagophilus groenlandicus) é un mamífero pertencente á familia dos fócidos.

Características Os machos poden acadar ata os 220 centímetros e os 220 kg de peso. As femias son máis pequenas, raramente chegan ós 185 cm e ós 180 kg. O pelame é entre gris e amarelo, coa rexión do abdome gris prata. As crías teñen un pelame branco e sedoso, que ó cabo dunha semana comeza a caer para a primeira muda. É este pelame branco ó que atrae ós peleteiros, que cazan moitas destas crías. É unha especie sociable que vive en pequenos grupos. Son moi nómades e realizan grandes migracións a través dos xeos flotantes.

Distribución Presente por todo o Atlántico norte e o océano Ártico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Caza de focas

Categoría:Pinnípedes