Nezahualcóyotl é un concello do oriente do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades mexicanas de Chimalhuacán, Ecatepec de Morelos e con La Paz. A súa área é de 63.74 km², e a súa poboación era de 1.039.867 habitantes no ano 2015.Nezahualcóyotl Catálogo de Localidades, SEDESOL. A cabeceira municipal é Cidade Nezahualcóyotl.Monografia municipal de Nezahualcóyotl O municipio foi creado en 1963 con terreos que pertencían ós municipio de Texcoco e Chimalhuacán, ocupando superficie das augas do antigo lago de Texcoco. É un dos concellos con maior densidade de poboación do seu país e do propio estado ó que pertence. Considerada unha cidade dormitorio polo seu carácter maioritariamente residencial, nas últimas décadas repuntou na súa capacidade económica, produción de empregos e de impacto socioeconómico nos municipios adxacentes.

Toponimia, glifo emblema e xentilicio esquerda|miniatura|170px|Glifo de Nezahualcóyotl de acordo co Códice Xólotl, lámina 10. Nezahualcóyotl foi o nome dun tlatoani de Texcoco. e quere dicir «coiote que xaxúa», do náhuatl nezāhual —xaxún— coyōtl —coiote—.

Oficialmente o municipio non conta cun emblema, porén, distintas administracións municipais a través dos anos basearon os seus deseños no pictograma co que era representado Nezahualcóyotl nos códices Ixtlilxóchitl, Durán e Xólotl: a cabeza dun coiote do cal pendura un pectoral real. O xentilicio é nezahualcoyotlense.

Política e goberno AlcaldePeríodo 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Héctor Miguel Bautista López 2000-2003 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Venancio Luis Sánchez Jiménez 2003-2006 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Víctor Manuel Bautista López 2006-2009 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Edgar Cesario Navarro Sánchez 2009-2012 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Juan Manuel Zepeda Hernández 2012-2015 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Juan Hugo de la Rosa García 2015-2018

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Nezahualcóyotl INEGI, 2009.

Categoría:Concellos do estado de México Categoría:Concellos da Zona Metropolitana do Val de México