Prost Grand Prix foi un equipo de Fórmula Un propiedade e administrado polo ex campión do mundo Alain Prost. O equipo participou en cinco tempadas entre e .
Historia
Compra de Ligier Alain Prost completou a compra do equipo Ligier a principios de 1997, e inmediatamente cambiou o nome a Prost. Anunciaron un contrato exclusivo con motores Peugeot para o ano 1998, pero o equipo continuou cos motores Mugen-Honda previstos por Ligier para . Como non había tempo antes da tempada de deseñar e construír un coche novo, o equipo utilizou o Ligier JS45 deseñado por Loïc Bigois e cambioulle o nome a Prost JS45. Os podios no Brasil (terceiro) e España (segundo) de Olivier Panis prometían moito, pero o francés estrelouse con forza a alta velocidade no Canadá, rompendo as dúas pernas.
Co seu primeiro piloto obrigado a perderse gran parte da tempada, Prost tivo problemas cos novatos Jarno Trulli e Shinji Nakano ata o regreso de Panis no Gran Premio de Luxemburgo. Houbo escintileos, en Austria, Trulli liderou durante gran parte da carreira antes de que o seu motor explotara, e no Gran Premio de Alemaña logrou o cuarto lugar, para terminar Panis logrou un punto, no seu regreso en Luxemburgo. polo que Prost non perdeu o tempo e renovou a ambos para unha nova tempada.
O campión do mundo de 1997 Jacques Villeneuve comentou posteriormente que no ano que logrou o título, considerara a Panis como unha especie de ameaza. Se Panis competira o ano completo, Prost podía moi ben gañar unha carreira. Logo dun prometedor 1997, as cousas tomaron un xiro a peor nas seguintes tempadas. Panis fora o máis rápido en España, e marchaba xusto detrás de Villeneuve, en Arxentina cando o seu coche avariouse, tamén estivo preto de gañar no Canadá. miniatura|left | 275px | Olivier Panis pilotando para o equipo Prost Grand Prix en Montreal en 1998.
Problemas e declive Logo de graves problemas co cambio durante as probas, o equipo case non chegou a carreira de inicio da tempada , o seu coche aínda tiña que pasar unha proba de choque. Chegaron ao Gran Premio de Australia, pero a tempada resultou ser un fracaso. Só o sexto posto de Trulli en Spa permitiu ao equipo quedar último na táboa de posicións. 1999 viu unha mellora, obtiveron varios puntos e unha segunda posición de Trulli en Nürburgring.
Ás veces, o coche parecía verdadeiramente competitivo con grandes tempos de cualificación. Con todo, os resultados a miúdo non se materializaban. En Magny-Cours Panis comezou en terceiro lugar, pero non foi capaz de capitalizar e terminou fóra dos puntos. Trulli tiña contrato para o ano 2000, pero a relativa falta de éxito do equipo permitiulle marchar a Jordan. Panis abandonou e pasou a converterse en probador de McLaren.
Loita pola supervivencia En o equipo comezou a súa gran caída. O veterano piloto Jean Alesi, ex compañeiro de equipo de Prost en Ferrari en , asinou co equipo. O equipo tamén contratou ao novato campión da F3000 Nick Heidfeld para o ano 2000.
Malia unha aliñación de pilotos prometedores, Prost terminou último no campionato de construtores, non lograron anotar un só punto durante a tempada. Heidfeld foi descualificado do Gran Premio de Europa en Nürburgring por ter o seu coche dous quilos de peso menos do legal. No Gran Premio de Austria os seus dous pilotos estreláronse un contra o outro, quedando ambos fóra da carreira. A relación entre Prost e Peugeot rematou.
miniatura| right|Jean Alesi pilotando para Prost durante
En 2001 os coches correron con motores marca Acer - Ferrari. A tempada comezou con Alesi e o expiloto de Minardi Gastón Mazzacane, pero logo de catro carreiras, este último foi apartado do equipo e substituído por Luciano Burti de Jaguar, que á súa vez fora substituído en Jaguar por Pedro de la Rosa. Alesi foi moi consistente, terminando todas as carreiras, de cando en vez nos puntos, a máis notable en Canadá cando o fixo un par de donuts e logo de saír do coche, guindou o seu casco á multitude. Foi o seu mellor resultado co equipo. Alesi marchou logo do Gran Premio de Alemaña. Na súa última carreira con Prost, Alesi anotou outro punto para o campionato nesa carreira de desgaste. De feito, o primeiro inicio da carreira estivo marcado porque Burti saíu lanzado polo aire logo de chocar a gran velocidade contra a parte posterior do Ferrari de Michael Schumacher. Alesi trasladouse a Jordan Grand Prix para o resto do ano, e foi substituído por Heinz-Harald Frentzen, quen fora despedido de Jordan logo de Silverstone.
En Bélxica, Frentzen clasificouse nunha sorprendente cuarta posición da grella logo de facer a súa primeira e única volta en seco xusto antes de que comezara chover, pero desperdiciouna cando detívose na volta de formación inicial, na primeira das tres bandeiras vermellas. A terceira provocou un gran demora, logo dun gran choque na parte máis rápida do circuíto que involucrou a Burti e o Jaguar de Eddie Irvine. Burti foi evacuado fóra do circuíto en helicóptero. En Monza, o piloto de F3000 Tomáš Enge converteuse no quinto piloto en pilotar para o equipo en 2001. Non lograrían máis puntos ese ano.
Ao final da tempada, comezou a especulación sobre o destino do equipo en vista das crecentes débedas. Finalmente, a principios de 2002 o equipo foi a creba, xusto antes do inicio da tempada. Prost fora incapaz de reunir o patrocinio suficiente para manter o equipo en marcha. Profundamente ferido polo episodio, Prost describiuno como un desastre para Francia. Frentzen tiña a esperanza de quedar, pero terminou en Arrows. O equipo nunca logrou substituír o diñeiro que Gauloises deixou de fornecer cando retiraron o seu patrocinio ao final do ano 2000.
Infrutuosa entrada de Phoenix Finance na F1 Un consorcio liderado por Phoenix Finance, dirixido por Charles Nickerson, un amigo de Tom Walkinshaw de Arrows, comprou os activos do equipo, na crenza de que, xunto coa compra dos vellos activos de Arrows, especificamente os motores, lograría un posto para a tempada . Pero, a FIA considerou o consorcio como un novo participante (suxeito a unha tarifa de entrada) e o proxecto non seguiu adiante.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Chasis Motor Pneu. Nº Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos. JS45 Mugen-Honda MF-301HB 3.0 V10 AUS BRA ARX SMR MON ESP CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA AUT LUX XPN EUR 21 6º 14 Olivier Panis 5 3 Ret 8 4 2 11 6 Ret 7 Jarno Trulli 10 8 4 7 15 10 Ret 15 Shinji Nakano 7 14 Ret Ret Ret Ret 6 Ret 11 7 6 Ret 11 Ret Ret Ret 10 AP01 Peugeot A16 3.0 V10 AUS BRA ARX SMR ESP MON CAN FRA RU AUT ALE HUN BEL ITA LUX XPN 1 9º 11 Olivier Panis 9 Ret 15 11 16 Ret Ret 11 Ret Ret 15 12 NTS Ret 12 11 12 Jarno Trulli Ret Ret 11 Ret 9 Ret Ret Ret Ret 10 12 Ret 6 13 Ret 12 AP02 Peugeot A18 3.0 V10 AUS BRA SMR MON ESP CAN FRA GBR AUT ALE HUN BEL ITA EUR MAL XPN 9 7º 18 Olivier Panis Ret 6 Ret Ret Ret 9 8 13 10 6 10 13 11 9 Ret Ret 19 Jarno Trulli Ret Ret Ret 7 6 Ret 7 9 7 Ret 8 12 Ret 2 Ret Ret AP03 Peugeot A20 3.0 V10 AUS BRA SMR RU ESP EUR MON CAN FRA AUT ALE HUN BEL ITA USA XPN MAL 0 11º 14 Jean Alesi Ret Ret Ret 10 Ret 9 Ret Ret 14 Ret Ret Ret Ret 12 Ret Ret 11 15 Nick Heidfeld 9 Ret Ret Ret 16 DSC 8 Ret 12 Ret 12 Ret Ret Ret 9 Ret Ret AP04 Acer* 01A 3.0 V10 AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR FRA RU ALE HUN BEL ITA USA XPN 4 9º 22 Jean Alesi 9 9 8 9 10 10 6 5 15 12 11 6 Ret 9 Ret 10 12 23 Gastón Mazzacane Ret 12 Ret Ret Luciano Burti 11 11 Ret 8 12 10 Ret Ret Ret Ret Tomáš Enge 12 14 Ret
* o motor 2000-spec Ferrari levaba a marca Acer.
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 Categoría:Escuderías de Fórmula 1 de Francia