Santo Estevo de Noalla é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo datos do IGE, tiña 2.779 habitantes no ano 2025, dos que 1.394 eran mulleres e 1.385 homes, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 2.552 veciños, e 2009, cando eran 2.561.
Limita ó norte coa ría de Arousa; ó noroeste co istmo da Lanzada, do concello do Grove; ó oeste e ó sur co océano Atlántico; e ó leste coas parroquias de Vilalonga, Gondar, Adina e Arra. A parroquia ten unha superficie de 8,7 km2, o que a converte na parroquia máis extensa do concello. Consta de 17 entidades de poboación.
Xentilicio miniatura|Noalla no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752. O seu xentilicio é noallino.
Patrimonio A igrexa parroquial —a máis grande do concello— foi orixinariamente de estilo románico, conservándose desa época dúas arquivoltas apuntadas na fachada. Consta dunha soa nave, dividida en tres tramos: os dous máis occidentais están cubertos por bóveda de cruzaría, e o terceiro, xunto coa capela, con bóveda de canón.
Na fachada occidental, no tímpano figura un calvario, do século XVIII. No lado esquerdo ten acaroada unha torre-campanario, rematada en cúpula, e ó pé unha pequena imaxe de Santo Estevo Mártir.
Nesta parroquia atópase o castro da Lanzada, a carón da torre da Lanzada. Tamén posúe un bo número de restos megalíticos na zona de Monte Faro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Noalla
Parroquias de Sanxenxo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do concello de Sanxenxo Igrexa de Santo Estevo de Noalla
Outros artigos Lugares de Sanxenxo
Categoría:Parroquias de Sanxenxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo