O stalinismo ou estalinismo son termos utilizados habitualmente para denominar a política imposta por Iosif Stalin, o segundo presidente da URSS e sucesor de Lenin. O uso do termo comezou cos rivais e contrarios á súa política de centralización do poder totalitario en mans do goberno e concentrado na súa persoa. O stalinismo defendeu a idea do "socialismo nun só país", contrario á idea trotskista. Stalin emprendeu o reforzamento do sistema policial para silenciar calquera oposición. Tamén se produciron grandes purgas de oficiais e políticos críticos. Durante a guerra fría, os países situados na órbita da URSS adoptaron réximes stalinistas.
Véxase tamén Outros artigos Iosif Stalin Antirrevisionismo Lenin Leninismo Marxismo Partido Comunista da Unión Soviética URSS Comunismo Discurso secreto Gulag Lev Trotski
Ligazóns externas Stalin, Joseph V. Stalin Reference Archive at Marxists Internet Archive
Categoría:Antifascismo