Destiny Chukunyere M.Q.R. é unha cantante maltesa. Ela gañou o Festival de Eurovisión Júnior 2015 en Sofía, Bulgaria.

Biografía Destiny naceu o 19 de xaneiro de 2002. Ela vive en Birkirkara e na actualidade estuda secundaria en Ħamrun. Ten ascendencia nixeriana-maltesa, o seu pai é o ex xogador de fútbol nixeriano Ndubisi Chukunyere mentres que a nai é maltesa.

Destiny comezou a cantar á idade de nove anos. Antes da súa participación no Festival de Eurovisión Júnior, ela participou en varias competicións incluíndo o Festival Kanzunetta Indipendenza 2014 onde quedou terceira coa canción "Festa t'Ilwien" e gañou o Asterisk Music Festival e o SanRemo Júnior en Italia.

O 11 de xullo de 2015, Chukunyere gañou a final nacional maltesa no Mediterranean Conference Centre na Valeta. Ela representou a Malta no Festival de Eurovisión Júnior 2015, en Sofía, Bulgaria o 21 de novembro de 2015. Chukunyere gañou a final nacional coa canción de Aretha Franklin "Think". O 21 de novembro gañou o festival europeo coa canción "Not My Soul" con 185 puntos, rompendo o récord de puntos conseguido por España no Festival de Eurovisión Júnior 2004 con María Isabel e a súa canción "Antes muerta que sencilla".

O 13 de decembro de 2015, Destiny foi condecorada coa Midalja għall-Qadi tar-Repubblika.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Festival de Eurovisión Júnior 2015

Categoría:Cantantes de Malta Categoría:Representantes de Malta en Eurovisión Júnior Categoría:Nados en Malta Categoría:Nados en 2002