Ignacio Cosidó Gutiérrez, nado en Salamanca o 31 de xullo de 1965, é un político español do Partido Popular, que foi senador, deputado, director xeral da Policía Nacional (de 2012 a 2016) e de novo senador.
Traxectoria Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Doutorouse en Historia Contemporánea pola UNED e licenciouse en Defensa Nacional polo Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional. Foi profesor asociado universitario na Universidade Carlos III de Madrid, na Universidade Pontificia Comillas e no Instituto Universitario Gutiérrez Mellado.
Foi secretario xeral das Juventudes Liberales e xefe do Gabinete Técnico da Dirección Xeral da Garda Civil.
Foi senador na VIII Lexislatura e deputado pola Provincia de Palencia no Congreso dos Deputados nas IX e X Lexislaturas, así como voceiro de Interior do Grupo Parlamentario Popular. Así mesmo, foi membro do Comité Executivo do Partido Popular de Castela e León.
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog de Ignacio Cosidó na páxina da Policía. Ficha do persoeiro na páxina web do Ministerio de Interior.
Categoría:Políticos de Castela e León Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Senadores de España por designación autonómica Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP