O Atlantic Fest é un festival de música celebrado na Illa de Arousa. A súa primeira edición celebrouse desde o 1 ao 3 de xullo de 2016, na praia do Bao. Dito festival podería considerarse a continuación do Festival do Norte, que no ano 2015 se celebrou tamén na propia Illa, en lugar de na localidade de Vilagarcía de Arousa como viña sendo habitual, sendo uns dos seus promotores precisamente o que o foi do Festival do Norte, Toño Caneda.

Edición 2016 A edición do ano 2016, a primeira do festival, contou coa presenta de Tindersticks, Nacho Vegas, El Niño de Elche, Alex Cooper, Xoel López e Be Forest.

Edición 2017 Na súa segunda edición, que se celebrou entre os días 30 de xuño e 2 de xullo de 2017, contou coas actuacións de Los Planetas, Lori Meyers, Maxïmo Park, The Temper Trap, Delorean, Anni B Sweet, Joe Crepúsculo, Rosalía y Raül Refree e Os Amigos dos Músicos.

Edición 2018 A terceira edición celebrouse do 20 ó 22 de xullo de 2018.

Edición 2019 A cuarta edición celebrarase do 26 ó 28 de xullo de 2019.El Atlantic Fest 2019 se celebrará el 26, 27 y 28 de julio en A Illa

Edición 2020 Tiña previsto celebrarse os días 25, 25 y 26 de xullo, mais foi cancelado por mor da Covid-19. Os artistas confirmados foron estes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rías Baixas

Ligazóns externas Páxina oficial do festival

Categoría:Festivais de música en Galicia Categoría:A Illa de Arousa