Macrotis leucura, coñecido na bibliografía internacional como bilbí pequeno,castelán, bilbi mayor (tamén bandicut conejo); catalán, bilbi gros; francés grand bandicoot lapin (e tamén bilby e bandicoot lapin); inglés, greater bilby; italiano, bilby maggiore; portugués, bilby-grande. é unha especie de mamífero marsupial do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos e orde dos peramelemorfos e familia dos tilacomíidos,Macrotis leucura no MSW. extinta desde mediados do século XX).Burbidge, A., Johnson, K. & Dickman, C. (2008): Macrotis leucura na Lista vermella de especies en perigo da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 6 de maio de 2016.

Características Moito máis pequeno que o bilbí grande, pesaba entre os 300 e os 450 g.Lesser bilby Macrotis leucura Northern Territory Government. Australia. Tiña unha pelaxe gris apardazada que se tornaba gris pálida no ventre, e a cola era branca (ao que alude o seu nome específico). A cola deste animal era longa, aproximadamente o 70 % do total da súa lonxitude de cabeza e tronco.

Bioloxía Distribución e hábitat Moi pouco se sabe acerca da súa antiga área de distribución, xa que desta especie só se recolectaron seis espécimes na historia moderna, co primeiro exemplar procedente dunha rexión descoñecida.Jane Thornback & Martin Jenkins (1982): The IUCN Mammal Red Data Book: Threatened mammalian taxa of the Americas and the Australasian zoogeographic region (excluding Cetacea).

En tempos modernos a especie era endémica do deserto de Gibson e do Gran Deserto Areoso do árido centro de Australia, ao nordeste de Australia Meridional e ao sueste do Territorio do Norte. Seguramente tiña unha área de distribución máis ampla, pero é descoñecida.

Prefiría vivir nos desertos areosos e limosos, nas chairas de area e en dunas cubertas de Spinifex, Acacia aneura e Zygochloa, así como en pasteiros de Triodia con escasas árbores baixas e arbustos.

Nutrición Omnívoro, alimentábase a base de formigas, térmites, raíces, sementes, etc.; ademais, cazaban e se alimentaban de pequenos roedores nativos.Lesser Bilby (Macrotis leucura) en rainforestinfo.org.au

Costumes Era un animal nocturno que pasaba o día agochado nos seus tobos, que podían chegar até os 2 ou 3 m de profundidade, e que pechaba súa entrada con area.

Reprodución As femias parían dúas crías por camada.

Causas da súa extinción Os bibís pequenos desapareceron debido á súa caza, devorados por raposos e pola competencia dos coellos introducidos en Australia. Os últimos exemplares que se viron vivos forron os avistados na "Estación de Cooncherie" en 1932. O último espécime encontrado foi un cranio que se atopou nun niño de aguia en 1967. Parece que este animal estaba morto desde había polo menos un quince anos.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1887 polo zoólogo británico Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 5, 19: 397.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos: Macrotis minor (Spencer, 1897) Macrotis miseliae Tate, 1948 Macrotis miselius (Finlayson, 1932)

Etimoloxía O nome do xénero, Macrotis, formouse cos elementos do latín científico macr-, do grego antigo μακρός makrós, 'grande', e o -otis, derivado do grego antigo οὖς ὡτός oús ōtós, 'orella'. Isto é, 'os de orellas grandes'.

O nome específico, leucura, cos elementos leuc-, calco do do grego antigo λευκ- leuk, de λευκόσ leukós, 'branco', e -ura, derivado do grego antigo οὐρά ourá, 'cola'. É dicir, 'de cola branca'.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. Londres: The Brown Reference Group. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Marsupiais Australidelfos Peramelemorfos Tilacomíidos

Ligazóns externas Macrotis leucura (Thomas, 1887) no ITIS. Macrotis leucura na ADW Macrotis leucura na EOL. Con ampla información .

Notas

Categoría:Marsupiais Categoría:Fauna de Australia Categoría:Animais descritos en 1837