Josep Subirós i Puig, nado en Figueres en 1947, e finado en Torroella de Montgrí (Baix Empordà) o 7 de maio de 2016, foi un escritor e filósofo catalán.

Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona (1965-1970). Durante o franquismo participou nas Plataformas Anticapitalistas e na Organización de Esquerda Comunista. Entre 1973 e 1983 foi profesor de filosofía na Universidade Autónoma de Barcelona, membro do Colexio de Filosofía e director das revistas Transición e El Viejo Topo. Posteriormente foi coordinador de Cultura do Concello de Barcelona e asesor do Alcalde Pasqual Maragall até 1997. Dende entón, exerceu como escritor, comisario de exposicións e organizador de proxectos culturais. Algúns dos seus libros foron traducidos ó alemán, ó castelán, ó italiano e ó inglés.

Obra Ensaio Mites i raons de la modernitat (1984) L'esquerra i la qüestió nacional i altres paradoxes (1992) Breu història del futur i altres dispersions (1998) Sobre la felicitat i altres neguits (2003) Ser immigrant a Catalunya. El testimoni de vint-i-dos protagonistes (2010)

Novela Full de dames (1992) Cita a Tombuctú (1996) Todas las aguas se comunican (2005) Ara sé que és ella (2006)

Libros de viaxes La rosa del desert (1993)

Galardóns Premio Josep Pla de narrativa por Cita a Tombuctú (1996)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio Josep Pla

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Figueres Categoría:Finados en 2016 Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escritores de Cataluña