San Tomé de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 200 habitantes (99 mulleres e 101 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes.
Xeografía e historia Situada no cono sur de Silleda, é a parroquia de maior superficie do concello. O seu nome fai referencia ao paso de camiños ao Ribeiro, Silleda, Ulla, e Terra de Montes. Integrada no século XVIII na xurisdición de Deza, pertencente á provincia de Lugo, ao contrario que as demais parroquias da de Trasdeza, dentro da provicia de Santiago, acolle o punto máis alto do concello (1014 msnm, o Alto de San Bieito, na Serra do Candán. O nome deste pico débese aos monxes bieitos de Aciveiro, donos de grandes extensións de terras nestes montes.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Parada
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Parada na web municipal de turismo
Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé