Chelsea Charms é unha modelo erótica estadounidense, referente do movemento das big-bust models ou modelos de grandes peitos debido ao grande tamaño que acadou. Ela mesma se designa como "a muller cos maiores peitos do mundo".http://www.chelseacharms.com/

Biografía Chelsea CharmsNome artístico naceu o 7 de marzo de 1976http://blog.scoreland.com/?p=5402&nats=NDc5MDU0LjIuMi4yMDcuMi4wLjAuMC4w , http://www.boobpedia.com/boobs/Chelsea_Charms na cidade de Minneapolis-Saint Paul, no estado norteamericano de Minnesota.

En 1999 decidiu probar sorte no mundo do erotismo e comezou a actuar en locais de striptease. Logo decidiría operarse para tentar abrir novas portas na súa carreira profesional, inspirada por modelos como Traci Topps e Sarenna Lee. Aínda que contaba xa de modo natural cunha copa D, Chelsea Charms someteuse a tres aumentos de peito. Nas dúas primeiras operacións usou implantes de soro salino que a levaron até unha copa E primeiro e unha HH despois. A terceira operación resultou ser a máis controvertida, xa empregou implantes de polipropileno, que foron posteriormente prohibidos debido aos seus riscos para a saúde. O volume inicial instalado desta fibra foi de 2500 cc, mais debido ao seu funcionamento, irritando os tecidos da mama, a fibra provoca que o peito xere un fluído que fai aumentar o seu temaño de maneira constante, aproximadamnte 25 milímetros por mes. Por mor disto, ten que someterse periodicamente a drenaxes para manter un tamaño estábel.

No ano 2005 presentouse na AVN Adult Entertainment Expo con 10000 cc. por peito. Ao ano seguinte volveu acudir ao mesmo festival cun volume de 11.000 cc. e ao seguinte ano chegou aos 12.000 cc. por mama. Porén, acadou o seu maior tamaño no festival Kamasutrabeurs de Holanda, onde chegou aos 13.600cc (1.85 cm. de contorno).

Segundo Chelsea ten revelado en múltiples entrevistas, cada un dos seus peitos pesa arredor de 18 quilogramos, polo que precisa de facer exercicio diariamente para evitar problemas nas costas, sendo consciente de que nalgún momento da súa vida tera que tiralos.

Carreira Chelsea publica periodicamente contidos no seu portal de Internet para os seguidores subscritos. Alén diso, apareceu nas portadas das revistas Buxotica, The Score Groupmarzo do 2000, Hustler Busty Beautiesabril do 2000 e outras revistas para adultos especializadas nas modelos de peitos grandes. Ela tamén figura en multitude de sitios web para adultos e en imaxes de Internet, e é unha das modelos máis destacadas e populares de Photoclubs.com . Ademais, e debido a súa sona mundial, é convidada e diferentes eventos arredor do mundo como os realizados en Nova Zelandia ou Holandahttp://www.kamasutrabeurs.nl/, así como varias xiras polos Estados Unidos.

O artista británico Marc Quinn esculpiu unha estatua a tamaño natural de Chelsea Charms no 2010 co gallo dunha exposición sobre persoas que manipularon o seu corpohttp://www.theguardian.com/artanddesign/2010/may/01/marc-quinn-interview.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Implantes de polipropileno Implante mamario

Ligazóns externas Páxina oficial Twitter de Chelsea Charms

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América