O LXII Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar en Ucraína os días 9, 11 e 13 de maio de 2017 trala vitoria de Jamala na edición de 2016 coa canción "1944". Esta foi a segunda vez que Ucraína acolleu o festival, sendo a primeira en 2005.

O evento tivo lugar no Centro Internacional de Exposicións e foi conducido por Oleksandr Skichko, Volodymyr Ostapchuk e Timur Miroshnychenko (este último como presentador nas conexións coa denominada "Green room"). Foi a segunda ocasión, ademais da edición inaugural de 1956 conducida por un home en solitario, na que os presentadores foron exclusivamente homes.

O gañador foi Salvador Sobral, que representaba a Portugal co tema "Amar pelos dois". A canción gañou ambas votacións; obtivo 382 puntos do xurado e 376 do televoto. Este territorio foi o país en permanecer máis tempo sen gañar (48 edicións), xa que, desde o seu debut en 1964, non gañara ningunha vez.

O lema desta edición foi Celebrate Diversity ("Celebrade a diversidade"). Este viña acompañado dun logotipo baseado nos colares tradicionais ucraínos coñecidos como namysto, que ao empregar contas con distintos deseños simbolizan "tanto a diversidade como a individualidade", segundo palabras dos organizadores.

O 31 de outubro de 2016 confirmouse a listaxe de países participantes no festival, cun total de 43, igualando o récord de participantes alcanzado en 2008 e 2011. Portugal e Romanía volveron despois dun ano de ausencia. Pola súa parte, Bosnia e Hercegovina, que regresara na edición anterior, decidiu retirarse debido a problemas financeiros. Así mesmo, Rusia retirouse despois de que o país organizador prohibise a entrada á súa cantante, co que o número de participantes finalmente foi de 42.

Italia foi a gran favorita do festival seguida por Portugal, Bulgaria e Suecia, e en menor medida, Bélxica, Australia, Armenia e Francia. Despois das semifinais e pouco antes da final, Portugal e Moldova subiron nas apostas. Ao final, Portugal declarouse campión de Eurovisión 2017, seguido de Bulgaria, Moldova, Bélxica e Suecia. O único veciño de Portugal, España, quedou en última posición.

O 22 de marzo, o goberno ucraíno prohibiu a entrada á representante rusa Yuliya Samoylova. Segundo o mesmo, a artista entrou a Ucraína sen autorización cando actuou en Crimea— territorio que Ucraína considera seu— tras a anexión rusa, co cal se lle prohibiu a entrada ao país a Yuliya por 3 anos. O 23 de marzo, a Unión Europea de Radiodifusión permitiu a Samóylova participar por satélite desde fóra do país anfitrión, un feito sen precedentes na historia do festival. Con todo, devandita posibilidade foi descartada por Rusia, que considera que todos os países deben participar obrigatoriamente sobre o mesmo escenario e que as normas estabelecen que "o país organizador do festival debe garantir a todos os participantes a posibilidade de obter un visado para o período de celebración do evento". Do mesmo xeito, devandita posibilidade foi descartada por Ucraína, país organizador, que considera que a simple retransmisión da actuación da cantante pola súa televisión nacional, viola as súas leis na mesma medida que se permitise a súa entrada no país. Finalmente, o 13 de abril, Rusia confirmou a súa retirada do festival, afirmando que regresarían na edición de 2018.

Organización Sede do festival As seguintes cidades manifestaron o seu interese en acoller o Festival (en verde, a infraestrutura gañadora).

Cidades finalistas Cidade sede

Cidade Sede Capacidade Información Dnipro DniproEuroArena 6.000-9.500 A proposta incluía a reconstrución do Estadio Meteor, renomeado como «DniproEuroArena», e incluía a construción dun teitoAs obras terminarían en marzo de 2017.Khárkiv Estadio Metalist 40.000 Sede da Eurocopa 2012. Requiría obras de remodelación significativas, incluíndo a construción dun teito. Khersón Sala de concertos «Yubileyniy» 1.600 A proposta incluía a expansión e reconstrución do recinto, traballos que requirisen 7-8 meses.Kíiv Palacio dos Deportes 10.000 Sede do Festival de Eurovisión 2005 e o Festival de Eurovisión Júnior 2009. Centro Internacional de Exposicións 13.000 Incluído na proposta como reserva no caso de que o Palacio dos Deportes non estea dispoñible.Kíiv confirmou o 24 de agosto de 2016 que preferiría organizar o concurso neste recinto se era elixido como cidade sede.Lviv Arena Lviv 35.000 Sede da de Eurocopa 2012. Requiriría traballos de construción significativos, incluíndo a adición dun teito. Arena por construír Por determinar Espazo inacabado orixinalmente planeado para o EuroBasket 2015 cuxas obras estaban ao 25% cando se pararon. Odesa Estadio Chernomorets 34.164 Requiría obras de remodelación significativas, incluíndo a construción dun teito.

Condicións impostas pola NTU de Ucraína O 23 de xuño de 2016, a NTU anunciou as condicións que debían cumprir as cidades que quixesen acoller a celebración do Festival: Os lugares escollidos polas cidades deben superar os 7000 espectadores. Un espazo ideal debería ter polo menos cabida para 10000 espectadores. Os lugares escollidos polas cidades deben ter un teito pechado. Os lugares escollidos polas cidades deben ter salas de prensa como mínimo coa capacidade de 1550 periodistas. As cidades deben contar cun Aeroporto internacional, para ofrecer un transporte fluído. Os lugares escollidos polas cidades deben ter unha capacidade de 3000 persoas para os actos de benvida, recepción e despedida. As cidades deben desenvolver programas sociais que ofrezan actividades para coñecer mellor e reforzar a cultura e a identidade de Ucraína.

Proceso de selección por parte da UER e da NTU O proceso de selección foi anunciado pola UER o 24 de xuño de 2016, comezando ese mesmo día e finalizando o 1 de agosto. Constará de 4 etapas: 1ª etapa (24 de xuño - 8 de xullo 2016): Presentación de candidaturas por parte das cidades de Ucraína. 2ª etapa (8 de xullo - 15 de xullo 2016): o equipo de traballo anuncia as cidades preferidas para acoller o festival, dado que cumpren tódolos requisitos xa citados. 3ª etapa (15 de xullo - 22 de xullo 2016): as cidades poden presentar as súas propostas ante o Comité de Organización Local; dúas cidades serán aceptadas e a UER analizará e escollerá á mellor. 4ª etapa (22 de xullo - 9 de setembro 2016): a UER e o COL viaxarán as cidades finalistas e analizarán as súas posibilidades (transporte, calidade do lugar para acoller ao Festival...). O 1 de agosto, a UER dixo que este plazo era orientativo. Tras atrasar o anuncio da cidade sede en catro ocasións, o 26 de agosto de 2016, a UER estableceu o mes de setembro para facer o anuncio, sen fixar un día concreto. A rolda de prensa tivo lugar o día 9 de setembro de 2016, dous voceiros do goberno ucraíno anunciaron Kíiv como cidade sede, e tamén deron o resultado da votación: CidadeVotosKíiv19Odesa2 Houbo unha abstención.

Debate a seis televisado na NTU O 20 de xullo de 2016, a NTU organizara un debate a seis (cun representante por cada cidade candidata a albergar o Festival. Ás 17:30 (hora galega), os espectadores da UA 1 puideron seguir o debate en ucraíno, o resto do mundo fíxoo a través de YouTube con comentarios en inglés. No plató tamén houbo público e intervencións de eurofans, periodistas e músicos.

Conclave da UER-NTU para decidir as cidades finalistas O primeiro atraso da NTU chegou cando a presentación oficial das seis cidades e a votación (a porta cerrada) para decidir as finalistas non se produciu ao día seguinte, tal e como anunciara a UER, senón dous días despois, o día 22 de xullo.

A presentación das cidades ía durar hora e media, mais a emisión especial prolongouse outra hora debido á ausencia de límite de tempo na presentación de cada cidade. Alcaldes, concelleiros e mesmo a gañadora do Festival de Eurovisión 2016, Jamala, interviron e responderon ante os periodistas. A emisión foi íntegra en ucraíno.

Ás 17:50 (hora galega) as tres cidades finalistas (nun principio ían ser só dúas) foron anunciadas cun atraso de máis de tres horas. As escollidas foron: Kíiv, Odesa e Dnipro.

Lista de participantes A lista oficial de participantes deuse a coñecer o 31 de outubro de 2016, totalizando 43 países inscritos e igualando o récord de participantes estabelecido nos festivais de 2008 e 2011. Cómpre destacar os retornos de Portugal e Romanía tras a súa ausencia na edición de 2016, mentres que Bosnia e Hercegovina retirouse por problemas financeiros. Rusia retirouse máis tarde, o 13 de abril de 2017, tras a prohibición imposta ao seu representante, Yulia Samóilova, de entrar no país ucraíno, deixando a lista de países en 42.

País Artista(s) Proceso e data de selección Tradución ao galego Idioma(s)Albania RTSHBotë MundoLindita InglésFestivali i Këngës LV 23-12-2016 Alemaña ARD Perfect Life A vida perfectaIsabella Levina Inglés09-02-2017 Under Song fürArmenia AMPTVFly With Me Voa canda minArtsvik Inglés24-12-2016 Depi EvratesilAustria ORFRunning On Air Correndo no aireNathan Trent Inglés19-12-2016 Elección InternaAustralia SBSDon't Come Easy Non vén fácilIsaiah Firebrace Inglés3-03-2017 EuroAustralia Awards 3Azerbaidján İctimai TVSkeletons EsqueletosDiana Hajiyeva Inglés05-12-2016 Elección interna Bélxica RTBFCity Lights As luces da cidadeBlanche (Ellie Delvaux) Inglés22-11-2016 Elección internaBelarús BRTCHistoryja majho žyccia A historia da miña vidaNAVI Belaruso20-01-2017 EurofestBulgaria BNTBeautiful Mess Fermoso desastreKristian Kostov Inglés13-03-2017 Elección internaChipre CyBCGravity GravidadeHovig Inglés21-10-2016 Elección internaCroacia HRTMy Friend Meu amigoJaques Houdek Inglés e italiano17-02-2017 Elección internaDinamarca DRWhere I am Onde estouAnja Inglés25-02-2017 Dansk Melodi Grand Prix 2017 Estonia ERRVeronaLaura e Koit Toome Inglés4 de marzo de 2017 Eesti laulEslovenia RTVSLOOn My Way No meu camiñoOmar Naber Inglés24-02-2017 EMA 2017España TVEDo It for Your Lover Faino por quen queresManel Navarro Español e Inglés01-02-2017 Final de 'Objetivo Eurovisión'FinlandiaYleBlackbird MerloNorma John Inglés28-01-2017 UMK 2017FranciaFrance 2RequiemAlma Francés e inglés09-02-2017 Elección InternaGreciaERTThis Is Love Isto é amorDemy Inglés07-03-2017 Elección interna e Final Nacional Hungría MTVAOrigoJoci Pápai Húngaro18-02-2017 A DAL 2017IrlandaRTÉDying To Try Morrendo por tentaloBrendan Murray Inglés16-12-2016 Elección internaItaliaRAIOccidentali's karma O karma de occidenteFrancesco Gabbani ItalianoFestival de San Remo 2017 11-02-2017Israel IBAI Feel Alive Síntome vivoImri Ziv Inglés13-02-2017 Final NacionalIslandiaRÚVPaper PapelSvala Inglés11-03-2017 Söngvakeppnin 2017Letonia LTVLine LiñaTiana Park Inglés26-02-2017 SupernovaLituania LRTRain of Revolution Choiva de revoluciónFusedmarc Inglés25-02-2017 EurovizijosRepública de Macedonia MRTDance Alone Bailar soaJana Burčeska Inglés21-11-2016 Elección internaMalta PBSBreathlessly Sen alentoClaudia Fanniello Inglés18-02-2017 Malta Eurovision Song Contest 2017Montenegro RTGCSpace EspazoSlavko Kalezić Inglés29-12-2016 Elección InternaMoldova TRMHey, Mamma!Sunstroke Project Inglés25-02-2017 O Melodie Pentru EuropaNoruega NRKGrab The Moment Colle o momentoJOWST Inglés11-03-2017 Melodi Grand Prix Países Baixos AVROTROSLights and Shadows Luces e sombrasO'G3NE Inglés29-10-2016 Elección interna Polonia TVPFlashlight LuzadaKasia Moś Inglés11-02-2017 Krajowe Eliminacje 2017 Portugal RTPAmar pelos dois Amar polos dousSalvador Sobral Portugués05-03-2017 Festival RTP da Canção XLIXReino Unido BBCNever Give up on You Nunca te rindasLucie Jones Inglés27-01-2017 Eurovision: You Decide (emitido na BBC 2)República Checa ČTMy Turn A miña quendaMartina Bárta Inglés15-02-2017 Elección internaRomanía TVRYodel it!Illinca e Alex Florea Inglés05-03-2017 Selectiei Nationale 2017Rusia C1RFlame Is Burning O lume está ardendoYulia Samoylova Inglés12-03-2017 Elección internaSan Marino SMRTVSpirit Of The Night Espírito da noiteValentina Monetta e Jimmie Wilson Inglés12-03-2017