Germán Fernández Gracia, nado en Vigo cara a 1911 e finado en Pontevedra o 28 de decembro de 1936, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Foi aprendiz de artilleiro na Escola de Tiro Naval en 1930. Quiosqueiro da estación de Pontevedra. Fundou un grupo denominado Vanguardia Izquierdista Anticlerical en 1932, do que foi secretario xeral. Afiliado a Izquierda Republicana, foi promotor do semanario Clarín, do que chegou a ser director. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 25 de xullo e xulgado por rebelión militar na causa 1119/36. Condenado a pena de morte en consello de guerra o 10 de decembro de 1936,El Pueblo Gallego, 12-12-1936, p. 9. foi executado en Pontevedra o 28 de decembro.

Vida persoal Casou con Carmen Abuín Díaz en abril de 1933.El Pueblo Gallego, 18-4-1933, p. 14.

Notas

Véxase tamén Bibliografía , Xosé. "Contra o esquecemento: Germán Fernández Gracia" (1) e (2)

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1911 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Anticlericais