Santa María de Xestoso é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 61 habitantes (35 mulleres e 26 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 79 habitantes.

No límite da parroquia cos concellos de Forcarei e A Estrada están situadas as Brañas de Xestoso, espazo natural protexido.

Historia O seu topónimo procede do latín GENISTOSUM, 'lugar onde abundan as xestas'. Ata o século XII a actual freguesía de Xestoso estaba baixo o dominio da parroquia de Escuadro, ata que no século XVII pasou a ser parroquia baixo a advocación de Santa María.

Fálase da existencia dun antigo enclave castrexo coñecido como a Eira dos Mouros.

Poboación Evolución da poboación de Xestoso:

Lugares e parroquias Lugares de Xestoso

Parroquias de Silleda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Xestoso na web municipal de turismo

Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía