miniatura|240px|Tamaño de A. pymaeus comparado co dunha man humana. miniatura|240px|Lámina de A. pygmaeus de 1883.
Acrobates pygmaeus é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeriformes, superfamilia dos petauroideos, o tipo da familia dos acrobátidos,Acrobates pygmaeus en MSW. e a única do xénero Acrobates,Acrobates no MSW. que vive nos bosques do leste de Australia.
Características
O acróbata pigmeo é o mamífero planador máis pequeno do mundo. Porén, a pesar de que só ten a medida dun rato moi pequeno (de 65 a 80 mm de loncitude e de 10 a14 g de peso), é capaz de saltar e planar até 25 m para desprazarse dunha árbore a outra.Rodríguez de la Fuente, F. (1970): Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo 9. Australia e Islas. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, p. 74 Como outros mamíferos planeadores, ten unha membrana de pel entre as patas anteriores e as posteriores, máis grosa que a doutros marsupiais como os petauros, pero relativamente máis pequena, posto que só se estende dos cóbados aos xeonllos. A cola ten aproximadamente a mesma lonxitud que a cabeza e o tronco xuntos, e é moi delgada, moderadamente prénsil, e case sen pelo excepto por dúas fileiras evidentes de pelos longos, ríxidos a ambos os lados. A cola, cando se manténe recta, parécese a un peite de dupla cara. Utilízaa para agarrarse a pequenas ramas e para controlar o planeo: dirección e freada.Acrobates pygmaeus na ADW.
A pelaxe é de cor gris uniforme con manchas escuras ao redor dos ollos e a miúdo cunha mancha branca detrás das orellas. As partes inferiores son máis claras. As orellas son moderadamente grandes e arredondadas.
Hábitat, distribución e ecoloxía Hábitat e distribución O hábitat natural do acróbata pigmeo son os bosques da costa leste e sueste de Australia, desde o norte de Queensland a Victoria; tamén se encontra na illa Fraser.Dickman, C., McKenzie, N. & Menkhorst, P. (2008): Acrobates pygmaeus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 17-05-2016.
Pódese encontrar desede o nivel do mar até os 1 200 m de altitude.
Crese que é máis común nalgunhas partes da súa área de distribución (por exemplo, ao nordeste de Queensland), aínda que é máis rara no sur.Menkhorst, P. (2001): A Field Guide to the Mammals of Australia. Oxford, UK: Oxford University Press.
Costumes É unha especie de hábitos nocturnos que vive máis frecuentemente en bosques subtropicais e temperados maduros. Tamén se encontra en sectores suburbanos.Ward, S. J. & Woodside, D. P. (2008): "Feathertail Glider, Acrobates pygmaeus". En: S. Van Dyck & R. Strahan, eds. The mammals of Australia. Third Edition, pp. 261-264. Reed New Holland, Sydney, Australia.
Nutrición A dieta do acróbata pigmeo inclúe néctar, pole e pequenos artrópodos.
Reprodución As femias poden ter dúas camadas de tres ou catro crías ao ano.
Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1818 polo zoólogo francés Anselme Gaëtan Desmarest en Nouv. Dict. Hist. Nat., Nouv. ed., 25: 405.
Especie A especie describíraa en 1793 o naturalista inglés George Shaw, co nome de Didelphis pygmaea. Posteriormente foi reclasificada no xénero Acrobates.
Eimoloxía Xénero O nome científico do xénero, Acrobates, deriva do grego antigo ἀκροβάτης akrobátēs, 'acróbata'.
Especie O nome específico, o latino pygmaeus, procede do grego antigo πυγμαῖος pygmaîos, 'anano', do nome dunha fabulosa raza de ananos (os Πυγμαῖοι Pygmaîoi), descrita por Homero e Heródoto e que dicían que habitaban en Exipto ou Etiopía e na India.Online Etymology Dictionary.
Sinónimos Ademais de polo nome que lle deu Shaw, e polo actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Acrobates frontalis De Vis, 1887 Acrobates pulchellus W. Rothschild, 1892
Estado de conservación No ano 1996 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificaba o status da especie como LR (baixo risco), pero na actualidade (2016) considérao como LC (pouco preocupante), tendo en conta a súa distribución relativamente ampla, a súa poboación grande e estábel, a súa presenza nun número grande de áreas protexidas, e porque non hai amenazas importantes para a especie.
A pesar da introdución dos gatos domésticos, que depredan sobre ela, non parece que a súa poboación sufrira mermas importantes, o que, con toda seguridade, débese ás condicións crípticas nas que transcorre a súa vida e aos seus costumes nocturnos. Incluso os xardíns das casas adoitan albergar un número abundante de acróbatas pigmeos, que só se fan visíbeis cando se talla algunha árbore e foxen rapidamente na busca dun novo acubillo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Falanxeriformes Petauroideos Acrobátidos
Ligazóns externas Acrobates pygmaeus (Shaw, 1793) no ITIS. Acrobates pygmaeus na ADW. Con abundante información, algunhas imaxes e bibliografía . Acrobates pygmaeus na EOL. Con breve información e numerosas imaxes .
Categoría:Marsupiais Categoría:Animais descritos en 1793