A dos falanxerinos (Phalangerinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes e suborde dos falanxeroideos, unha das dúas en que se divide a familia dos falanxéridos.Phalangerinae en MSW.
Comprende un total de 24 especies, subdivididas en dúas tribos, a dos falanxerinos e a dos tricosurinos.
Características Son pequenos marsupiais xeralmente arborícolas de nocturnos e omnívoros. Durante o día permanecen nos seus niños formados nos troncos ocos das árbores, dos que saen a buscar comida durante a noite. Teñen unha estrutura corporal repoluda; a cabeza é curta, co fociño acabado en punta; a cola está recuberta de pelos de manerira non uniforme; asúa parte inferior está a miúdo espida, en relación á súa función prénsil.
Taxonomía Descrición A subfalilia foi descrita en 1888 polo zoólogo británico Oldfield Thomas en Cat. Marsup. Monotr. Brit. Mus.: 126.
Etimoloxía O nome científico Phalangerinae está formado, segundo a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Phalanger, coa adición da desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Clasificación A subfamilia comprende as tribos e os xéneros seguintes:
Subfamilia Phalangerinae Tribo Phalangerini Phalangerini Thomas, 1888 en MSW.Phalangerini Thomas, 1888 no ITIS. Xénero Phalanger Xénero Spilocuscus Tribo Trichosurini Trichosurini Flynn, 1911 en MSW.Trichosurini Flynn, 1911 no ITIS. Xénero Strigocuscus Xénero Trichosurus Xénero Wyulda
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Falanxeriformes Falanxéridos
Ligazóns externas Phalangerinae Thomas, 1888 no ITIS. Phalangerinae na EOL. Subfamily Phalangerinae Thomas 1888 en Fossilworks.
Categoría:Marsupiais