Phalanger é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, que é o tipo da familia dos falanxéridos.Phalanger en MSW.

Comprende un total de 13 especies, coñecidas na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de falanxeiros e cuscuses.

Características Falanxeros e cuscús teñen un corpo repoludo cuberto por unha pelaxe grosa e laúda. A súa coloración é moi variábel, e segundo as especies pode ser branca, avermellada ou negra. Teñen un fociño curto, as orellas pequenas, ás veces invisíbeis ocultas pola pelaxe, e unha longa cola prénsil e desprovista de pelo no seu extremo para facilitar a prensión. A lonxitude da cabeza e tronco oscila entre os 32 aos 60 cm, sendo a da cola máis longa. O seu peso oscila entre 1 e 7 kg.

Distribución e hábitat Viven nas Molucas, en Nova Guinea, nas illas Salomón e na península de Cabo York, no extremo nororiental de Australia. Habitan en bosques pluviais, con musgos, e en bosques de eucaliptos, en zonas temperadas, secas e alpinas.

Bioloxía miniatura|200px|Phalanger orientalisMuseo Civico di Storia Naturale Giacomo Doria, Xénova.

Comportamento Os falanxéridos son aniamis solitarios, arborícolas, que só moi raramente descenden até o solo. Coa súa cola prénsil e os dous polgares opñíbeis das patas dianteiras, adáptanse perfectamente ao seu hábitat, os bosques tropicais. Pasan o día durmindo en árboles con ocos ou entre as follas, saíndo dos seu agochos pola noite para iren buscar o seu alimento, con movementos lentos e cautelosos.

Nutrición Aliméntanse sobre todo de froitos e follas, pero de cando en vez poden comer tamén insectoss e outros pequenos artrópodos e ovos de paxaros.

Reprodución Despois dun breve período de xestación (apenas de dúas semanas) as femias paren dunha a tres crías, pero xeralmente só unha supervive, aínda que a femia está equipada con catro mamilas.

A cría abandona o marsupio despois duns meses. Poden vivir até 11 anos.

Taxonomía miniatura|200px|Phalanger ornatus. Descrición A xénero foi descrito en 1780 polo médico e naturalista alemán Gottlieb Conrad Christian Storr, na páxina 38 da súa obra Prodromus Methodi Mammalium. Litteris, Reissianis, Tübingen, pp. 1–43, establecendo como especie tipo Didelphis orientalis Pallas, 1766.Hoxe, Phalanger orientalis (Pallas, 1766).

Etimoloxías Nome científico o nome científico do xénero, Phalanger, deriva do grego antigo φάλαγξ ‎phálanx, 'araña', en referencia aos dedos segundo e terceiro, unidos, dos pés traseiros, coa adición da desinencia do latín científico -er.Memidex .

Nomes vulgares O nome falanxero é unha variante de falanxérido, nome de cada un dos membros da familia dos falanxéridos, segundo o Gran dicionario Xerais da lingua,falanxérido, 3ª acep., no Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo 1. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-071-1. unha forma máis próxima ao latín Phalanger.

A palabra cuscú ten unha orixe algo escura, pero a maioría dos etimoloxistas cren que deriva dunha voz dos aborixes das Molucas ou da Nova Guinea. En Europa comezou a usarse a mediados do século XVII, como en francés, couscous, ou en alemán, baixo a forma Koeskoes.<ref>[http://www.oxforddictionaries.com/definition/english/cuscus cuscus] no Oxford Dictionary.</ref>cuscus en Yourdictionary.com. (Hoxe en alemán o seu nome é Kuscus).

O termo entrou no latín científico a finais do XVIII e principos do XIX, como nome de dous de xéneros (sinónimos de Phalanger), Coescoes, descrito en 1799 por Lacépède, e Cuscus, descrito en 1826 por Lesson,cuscus no Collins Dictionary. que probabelmente derivaron estes nomes do alemán ou do francés, respectivamente.

Sinónimos Ademais de polo nome orixinal que lle adxudicou Storr, e que é o actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:Balantia Illiger, 1811Coescoes Lacépède, 1799Cuscus Lesson, 1826Phalangista E. Geoffroy St. Hilaire & G. Cuvier, 1795Sipalus G. Fischer, 1813

Clasificación As especies e subespecies comprendidas polo xénero difiren segundo as autoridades.

— Segundo o Mammals Species of the World (Consultado o 19-05-2016):

Xénero Phalanger Storr, 1780

Phalanger alexandrae Flannery & Boeadi, 1995 Phalanger carmelitae Thomas, 1898 Phalanger carmelitae carmelitae Phalanger carmelitae coccygis Phalanger gymnotis Peters & Doria, 1875 Phalanger gymnotis gymnotis Phalanger gymnotis leucippus Phalanger intercastellanus Thomas, 1895 Phalanger lullulae Thomas, 1895 Phalanger matabiru Flannery & Boeadi, 1995 Phalanger matanim Flannery, 1987

Phalanger mimicus Thomas, 1922 Phalanger mimicus mimicus Phalanger mimicus peninsulae Phalanger orientalis (Pallas, 1766) Phalanger orientalis breviceps Phalanger orientalis orientalis Phalanger ornatus (Gray, 1860) Phalanger rothschildi Thomas, 1898 Phalanger sericeus Thomas, 1907 Phalanger sericeus occidentalis Phalanger sericeus sericeus Phalanger vestitus (Milne-Edwards, 1877)

— Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (Consultado o 19-05-2016):Phalanger Storr, 1780 no ITIS.Xénero Phalanger Storr, 1780 Phalanger alexandrae Flannery & Boeadi, 1995 Phalanger carmelitae Thomas, 1898 Phalanger gymnotis Peters & Doria, 1875 Phalanger intercastellanus Thomas, 1895 Phalanger lullulae Thomas, 1896 Phalanger matabiru Flannery & Boeadi, 1995 Phalanger matanim Flannery, 1987 Phalanger mimicus Thomas, 1922 Phalanger orientalis (Pallas, 1766) Phalanger ornatus (Gray, 1860) Phalanger rothschildi Thomas, 1898 Phalanger sericeus Thomas, 1907 Phalanger vestitus (Milne-Edwards, 1877)

— Segundo o National Center for Biotechnology Information (Consultado o 19-05-2016):Phalanger no NCBI.Xénero Phalanger' Phalanger carmelitae Phalanger gymnotis Phalanger interpositus Phalanger lullulae Phalanger maculatus Phalanger orientalis Phalanger orientalis breviceps Phalanger sericeus Phalanger vestitus Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "Los restantes miembros de una diversificada familia", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 71–75. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy''. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Falanxeriformes Falanxéridos Falanxerinos (subfamilia) Falanxerinos (tribo)

Ligazóns externas Phalanger Storr 1780 en Fossilworks. Phalanger en MSW. Phalanger no ITIS. Phalanger no NCBI. Phalanger na ADW. Phalanger na EOL.

Categoría:Marsupiais