miniatura|250px|A selección sexual crea rechamantes diferenzas entre os sexos na ave do paraíso Paradisea decora. Arriba o macho; abaixo a femia. Pintura de John Gerrard Keulemans (d.1912).

A selección sexual é un modo de selección natural que comprende dous aspectos: a elección polos membros dun dos sexos de compañeiros do outro sexo para aparearse con eles (selección intersexual), e a competencia entre individuos do mesmo sexo polo acceso a membros do outro sexo (selección intrasexual). Estas dúas formas de selección significan que algúns individuos teñen un mellor éxito reprodutivo que outros nunha poboación, ou ben por ser máis atractivos ou por preferir parellas máis atractivas para producir a súa descendencia. Por exemplo, na estación reprodutora a selección sexual nas ras ocorre ao xuntárense primeiro os machos na beira da auga e emitiren as súas chamadas de apareamento croando. As femias chegan despois e elixen os machos con chamadas máis potentes e mellores territorios. Xeneralizando, os machos benefícianse de apareamentos frecuentes e de monopolizar o acceso a un grupo de femias fértiles. As femias como teñen un número limitado de descendencia maximizan o retorno de enerxía que investen na reprodución.

O concepto foi articulado por primeira vez por Charles Darwin e Alfred Russel Wallace que a describiron como un proceso que leva á especiación, mediante o cal en moitos organismos evolucionaron características cuxa función era deletérea para a súa supervivencia individual, e despois desenvolveuna Ronald Fisher a principios do século XX. A selección sexual pode levar xeralmente aos machos a que extremen os esforzos para demostrar a súa fitness para que os escollan as femias, producindo un dimorfismo sexual en características sexuais secundarias, como os adornos na plumaxe das aves como as aves do paraíso e pavos reais, ou as cornamentas de cervos, ou as melenas dos leóns, causado por un mecanismo de retroalimentación positiva coñecido como descontrol fisheriano (Fisherian runaway), no que a herdanza nun dos sexos do desexo dun trazo no outro sexo é tan importante coma que o outro sexo teña ese trazo para producir o efecto de descontrol (runaway). Aínda que a hipótese do fillo sexy indica que as femias preferirían descendencia masculina, o principio de Fisher explica por que a proporción de sexos é 1:1 case sen excepción. A selección sexual tamén se dá en plantas e fungos.

O mantemento da reprodución sexual nun mundo altamente competitivo é un dos grandes enigmas da bioloxía porque a reprodución asexual pode producir descendencia moito máis rapidamente que a sexual, xa que se evita producir un 50% de machos na descendencia, os cales son incapaces de producir descendencia por si mesmos. Porén, investigacións publicadas en 2015 indican que a selección sexual pode explicar a persistencia da reprodución sexual.Population benefits of sexual selection explain the existence of males phys.org May 18, 2015 Report on a study by the University of East Anglia.

Historia Darwin e o desenvolvemento da teoría miniatura|150px|dereita|Charles Darwin en 1868. O desenvolvemento do concepto de selección sexual foi unha parte moi importante da obra de Charles Darwin On the Origin of Species, publicada en 1859, na que o autor lle daba unha grande importancia dentro da selección natural. Darwin explicaba mediante este mecanismo certos aspectos evolutivos tales como o desenvolvemento esaxerado de estruturas anatómicas ou a presenza de cores rechamantes que parecían non axustarse á teoría da selección natural, na cal os trazos seleccionados para prevalecer ao longo do tempo eran aqueles que aumentaran as probabilidades de supervivencia. O naturalista británico coñecía as ideas do anatomista John Hunter sobre as diferenzas entre caracteres sexuais primarios, relacionados coa cópula, e os secundarios, relacionados coa atracción entre sexos. Baseándose nisto definiu a selección sexual de tal modo que puidera explicar a presenza destas características como resultado dunha elección por parte dun dos sexos, aínda que non foi capaz de dar resposta a por que os individuos do sexo que facía a elección mostraban predisposición para a ese trazo. O termo foi ampliado por Darwin noutro libro, The Descent of Man, and Selection in Relation to Sex de 1871, ligándoo ademais á evolución da especie humana como explicación para a existencia das diferentes razas humanas.

Darwin pensaba que a selección natural por si soa non podía explicar certos tipos de adaptacións que non eran para a supervivencia. Unha vez escribiu a un colega que "A visión das plumas da cola dos pavos reais, sempre que a observo, ponme enfermo!". Na súa obra divide a selección sexual en competición dos machos e elección das femias.

A estas ideas opoñíase Alfred Russel Wallace, aínda que moita desta oposición fíxoa despois da morte de Darwin. Argumentaba que as competicións entre machos eran formas de selección natural, pero que a "apagada" coloración da pava real é en si mesma adaptativa como camuflaxe, e que adxudicar a elección de parellas ás femias era, na súa opinión, atribuír a capacidade de xulgar estándares de beleza a animais moi subdesenvolvidos cognitivamente como para ser quen de percibir a estética (como tamén nos escaravellos).

Ronald Fisher

miniatura|Macho de Euplectes progne. miniatura|A cola do pavón en voo, exemplo clásico de descontrol fisheriano (Fisherian runaway).

A selección sexual foi reinterpretada en 1930 polo biólogo evolucionista e estatístico inglés Ronald Aylmer Fisher. A nova definición dada supoñía que certos trazos que na actualidade poden parecer pouco vantaxosos para os organismos apareceron sendo inicialmente o contrario. Así, nun primeiro momento, a elección destas características tiña como único obxectivo proporcionar á descendencia de diversas vantaxes en termos de supervivencia. Esta maior taxa de supervivencia supoñía que gradualmente as poboacións naturais foran diferenciándose por selección natural, un sexo en posuír o trazo e o outro en ter predisposición cara a el. Co paso do tempo, ambos os caracteres víronse favorecidos ao retroalimentarse un a outro, chegando a superar o obxectivo inicial. No seu libro de 1930 The Genetical Theory of Natural Selection incluía a hipótese do fillo sexy e o principio de Fisher. O descontrol ou desbocamento fisheriano ( Fisherian runaway) describe como a selección sexual acelera a preferencia por un ornamento específico, causando que a presenza polo trazo e a preferencia das femias por el se incrementen xuntas nun ciclo descontrolado de retroalimentación positiva. Nunha aclaración que non foi completamente comprendida durante 50 anos dixo:

Isto causa un drástico incremento tanto nas características rechamantes do macho coma na preferencia das femias por elas, ata que as restricións físicas prácticas deteñen unha maior esaxeración do carácter. Créase un bucle de retroalimentación positiva, producindo estruturas físicas extravagantes no sexo non limitante. Un clásico exemplo de elección das femias e potencial selección descontrolada é a ave Euplectes progne. Nesta especie os machos teñen longas colas que son seleccionadas pola elección das femias; os gustos das femias en canto á lonxitude da cola son aínda máis extremas, xa que en experimentos as femias son atraídas por colas aínda máis longas que as que se dan na natureza.Andersson, M, Sexual Selection, Princeton University Press, Princeton, 1994. Fisher comprendeu que a preferencia das femias polas colas longas pode transmitirse xeneticamente, conxuntamente cos propios xenes para a cola longa. As crías destas aves e ambos os sexos herdarán ambos os conxuntos de xenes, e as femias expresarán a súa preferencia xenética polas colas longas, e os machos mostrarán a súa cobizada cola.

Richard Dawkins presentou unha explicación non matemática do proceso de selección sexual descontrolada no seu libro The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego).Dawkins, Richard (1986). The Blind Watchmaker. Longman, London. Published in Penguin Books 1988, 1991, and 2006. Chapter 8, Explosions and Spirals. As femias que prefiren machos de colas longas tenden a ter nais que elixiron colas longas. Como resultado, portan os dous conxuntos de xenes, é dicir, e os xenes para colas longas e os xenes para preferiren colas longas quedaron ligados. O gusto polas colas longas e as propia lonxitude das colas poden quedar correlacionadas, tendendo a incrementarse á vez. Canto máis crecen as colas, deséxanse colas máis longas. Calquera lixeiro desequilibrio inicial entre a preferencia e as colas pode orixinar unha explosión na lonxitude das colas. Fisher escribiu que:

A femia destas aves desexará aparearse co macho de cola longa máis atractivo para que a súa proxenie, se é masculina, sexa tamén atractiva ás femias da seguinte xeración, e así a cría será pai de máis crías que levan os xenes da femia (da avoa). Como a taxa de cambio na preferencia é proporcional ao gusto medio entre as femias, e como as femias desexan asegurar os servizos dos machos máis atractivos sexualmente, créase un efecto aditivo que, se non se controla, pode causar un incremento exponencial nun gusto determinado e o correspondente atributo sexual desexado.

Despois do modelo conceptual inicial de Fisher do proceso de descontrol ('runaway'), Russell Lande http://www.pnas.org/content/78/6/3721 e Peter O'DonaldO'Donald, Peter (1980). Genetic Models of Sexual Selection. Cambridge University Press, New York, NY. 250 pp. proporcionaron probas matemáticas detalladas que definen as circunstancias baixo as cales pode ter lugar a seleccións sexual descontrolada.

Nos humanos Igual que no resto de especies animais, a selección sexual probablemente actuou tamén na evolución do ser humano en maior ou menor medida. Xa Darwin sinalou unha probable orixe da variedade racial humana na selección sexual, aínda que hoxe en día se considera que este proceso desempeñou un papel moi secundario neste aspecto debido a que os grupos humanos raramente se encontraron illados xeneticamente e a que existiu sempre un alto grao de mestizaxe ao longo da súa evolución. Tamén apuntou á selección sexual como responsable da perda de pelo corporal de forma similar ao acontecido noutros primates. Diversas investigacións actuais relacionan as pautas humanas de elección de parella, condutas e preferencias físicas coa selección de caracteres que confiran vantaxes xenéticas á descendencia ou con trazos identificables con estados de saúde da parella.

Investimento parental

A selección sexual unicamente pode comprenderse tendo presente o concepto de investimento parental considerando esta como o esforzo biolóxico levado a cabo por unha parella dunha especie para concibir e criar a un descendente. O termo foi amplamente desenvolvido polo investigador Robert Trivers, baseándose nos traballos previos sobre gasto parental de Ronald Fisher, para explicar a conduta sexual de especies animais. miniatura|dereita|Parella de Aechmophorus clarkii trasportando as súas crías.