O premio Alecrín, ou premio Alecrín de Ouro, é un galardón sen dotación económica que entrega anualmente a Federación de Entidades Gallegas de Cataluña para distinguir persoas ou proxectos destacados en distintos ámbitos da cultura galega..

Hai un acto de entrega dos galardóns que adoita celebrarse no mes de agosto. Non existe unha sede fixa, polo que cada ano un concello distinto acolle a cerimonia, como sucedeu co CourelXosé Neira Vilas recibe o Alecrín de Ouro en Cataluña, nova en Culturagalega.org, CelanovaCelanova acolle os premios Alecrín 2014 , nova no sitio web do concellos de Celanova. ou Vila de Cruces.

En 2021 foron premiados a Asociación Cultural Carballo da Manteiga, Xoán Carlos García Porral, Pili Pampín, Margarita Ledo, Xosé González Martínez.

En 2023, a escritora María Xosé Porteiro, en Literatura; o escultor Acisclo Manzano, en Artes, ou o grupo Leilía, en Música.

No ano 2024 entregáronse na vila de Ribadeo á Coral Polifónica de Ribadeo; ao enxeñeiro de montes celanovés Xosé Benito Reza, ao historiador ourensán Serxio María Rodríguez e a artesá carbiá Elena Ferro.

Notas

Alecrin Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes Categoría:Galegos de Cataluña