Diego Alende López, nado en Santiago de Compostela o 25 de agosto de 1997, é un futbolista galego que xoga como defensa no Andorra, da Segunda División.

Traxectoria Alende xogou nas categorías inferiores do Celta de Vigo, asinando un novo contrato de cinco anos de duración o 11 de agosto de 2015. Fixo o seu debut co Celta B na Segunda División B o 20 de setembro dese mesmo ano con vitoria 6–1 fronte á Arandina CF.

O debut de Alende co primeiro equipo do Celta na Primeira División produciuse o 5 de decembro de 2015 no encontro fronte ó Betis que rematou 1–1, entrando no segundo período en substitución do goleador Théo Bongonda. Poucos días despois xogou como titular do primeiro equipo na Copa do Rei fronte ao Almería. Xogou catro anos co filial do Celta, converténdose no capitán do equipo.

No verán de 2019 deixou o club celeste despois de 14 anos e asinou co Real Valladolid por 3 temporadas. Durante a primeira delas foi asignado para xogar no seu filial, o Real Valladolid Promesas do Grupo II da Segunda División B, no que xogou 25 partidos e anotou un gol. Ademais foi convocado en cinco ocasións para o primeiro equipo, aínda que sen chegar a debutar.

O 20 de agosto de 2020 asinou como novo xogador do Club Deportivo Lugo, cedido por unha tempada polo Valladolid.

Selección española En xaneiro de 2016 debutou coa selección española sub-19 nun partido amigábel contra Italia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en soccerway.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Futbolistas de Santiago de Compostela Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do FC Andorra