miniatura|Alcibíades (Roma, Museos Capitolinos), busto en mármore. Retrato idealizado, copia romana dun busto grego do século IV a.C.. O soporte e a súa inscrición (Alcibíades, [fillo] de Clinias, Ateniense) engadíronse posteriormente. Alcibíades Clinias Escambónidas (en grego: ), nado c. 450 a. C. na Antiga Atenas e finado no 404 a. C. no Monte Elafos, Frixia, Imperio aqueménida, foi un prominente estadista, orador e estratego (xeneral) ateniense, fillo de Clinias e membro da familia aristocrática dos Alcmeónidas, do demo de Escambónidas, que tivo un papel destacado na segunda fase da guerra do Peloponeso (a guerra arquidámica) como conselleiro estratéxico, comandante e político.
Durante o transcurso da guerra do Peloponeso, Alcibíades cambiou a súa lealdade en varias ocasións. Na súa Atenas nativa, a principios dos anos 410 a. C., defendeu unha política exterior agresiva e foi un destacado defensor da expedición a Sicilia, pero fuxiu a Esparta cando os seus inimigos políticos presentaron cargos de sacrilexio contra el. En Esparta serviu como conselleiro estratéxico, propoñendo ou supervisando importantes campañas contra Atenas. En Esparta, con todo, a Alcibíades tamén lle xurdiron poderosos inimigos e viuse obrigado a desertar a Persia. Alí foi conselleiro do sátrapa Tisafernes ata que os seus aliados políticos atenienses lograron a súa restitución. Foi xeneral (estratego) durante varios anos máis, pero os seus inimigos conseguiron exilialo por segunda vez.
A expedición siciliana foi creación de Alcibíades, e os eruditos modernos teñen argumentado que se esa expedición estivera baixo o mando de Alcibíades en lugar do de Nicias, a expedición non se tería enfrontado ao seu desastroso destino.A. Vlachos, Thucydides' Bias, p. 59 e ss. Nos anos que serviu a Esparta, Alcibíades desempeñou un importante papel na destrución da cidade de Atenas; a captura de Decelia (cf. guerra de Decelia) e as críticas rebelións dalgunhas das cidades e territorios baixo a influencia de Atenas ocorreron instigadas por el ou baixo a súa supervisión.
Unha vez devolto á súa cidade natal, con todo, tivo un papel crucial na serie de vitorias atenienses que levaron a Esparta a solicitar finalmente a paz con Atenas. Elixiu tácticas pouco convencionais, a miúdo gañando polis (cidades) a través da traizón ou a negociación en lugar do asedio.P. B. Kern, Ancient Siege Warfare, p. 151
As capacidades militares e políticas de Alcibíades resultaron ser a miúdo moi valiosas para calquera que contase coa súa lealdade, aínda que a súa capacidade para colleitar poderosos inimigos asegurou que nunca permanecese nun mesmo lugar durante moito tempo e, para cando terminou a guerra que axudara a reavivar a principios dos anos 410 a. C., os seus días de relevancia política eran un recordo do pasado.
Primeiros anos miniatura|Jean-Léon Gérôme (1824-1904): Sócrates buscando a Alcibíades na casa de Aspasia, 1861. Alcibíades naceu en Atenas. O seu pai era Clinias. A súa nai era Dinómaca, a filla de Megacles, e podía seguir as orixes da súa familia ata Eurisaces e Áiax o Grande.Platón, Alcibiades 1, A través da súa nai pertencía ao poderoso e controvertido genos (clan familiar) dos Alcmeónidas; Pericles e o seu irmán Arifrón eran curmáns de Dinómaca (o seu pai e a súa nai eran irmáns)C.A. Cox, Houshold Interests, p. 144. O seu avó, tamén chamado Alcibíades, foi amigo de Clístenes, o famoso reformador constitucional do século VI a.C. Tras a morte de Clinias na batalla de Coronea no ano 447 a.C., Pericles e Arifrón foron os seus titoresN. Denyer, Commentary of Plato's Alcibiades, pp. 88-89. Segundo Plutarco, Alcibíades tivo famosos profesores, como Sócrates, e foi formado na arte da retórica. Varios escritores gregos fan mención do seu comportamento indisciplinado.
Alcibíades tomou parte na batalla de Potidea en 432 a.C., onde Sócrates salvou a súa vida, favor que lle devolveu na batalla de Delio en 424 a.C.. Alcibíades tiña unha íntima pero (segundo idealizaron antigos relatos) casta relación con Sócrates, a quen el admiraba e respectaba, e quen se sentiu atraído pola súa beleza, pero non sucumbiu ás atraccións do rapazÓ respecto, véxase homosexualidade na Antiga Grecia, erastés e erómenoI. Sykoutris, Introduction to Symposium, pp. 159-180. Segundo Plutarco, Alcibíades «temía e reverenciaba só a Sócrates, e desprezaba ao resto dos seus amantes».
Alcibíades casou con Hipareta, a filla de Hipónico III, un rico ateniense. Segundo Plutarco, Hipareta amaba ao seu marido, pero tentou divorciarse del porque frecuentaba ás heteras (cortesás). Viviu con el até a súa morte e deu a luz probabelmente a dous nenos, unha filla e un fillo, tamén chamado Alcibíades.
Carreira política até o 412 a. C.
Ascenso Alcibíades incrementou a súa preeminencia política cando empezou a avogar por unha liña agresiva ateniense tras a firma da Paz de Nicias. Este tratado fora unha tregua entre Esparta e Atenas asinada a metade da guerra do Peloponeso e chegou tras sete anos de enfrontamentos nos que ningún bando obtivera unha vantaxe decisiva. Os historiadores Arnold W. Gomme e Raphael Sealey opinan, e Tucídides comenta, que Alcibíades se ofendeu durante a negociación do tratado debido a que os lacedemonios negociaran con Nicias e Laques, e o deixaron a el de lado por mor da súa mocidadeA.W. Gomme, A Historical Commentary on Thucydides, p. 339R. Sealey, A History of the Greek City States, p. 353.
Unha serie de disputas acerca da interpretación do tratado conduciron aos espartanos a despachar embaixadores plenipotenciarios a Atenas para concluír todos os asuntos pendentes. Os atenienses, inicialmente, recibiron ben a estes embaixadores, pero Alcibíades reuniuse con eles en segredo antes de que fosen falar á ekklesía (a asemblea ateniense) e díxolles que a asemblea era arrogante e tiña grandes ambicións. Instounos a que renunciasen á súa autoridade diplomática de representar a Esparta e permitisen que el os axudase cos políticos atenienses a través da súa influencia. Os representantes estiveron de acordo e, impresionados coa previsión de Alcibíades, separáronse de Nicias, quen sinceramente quería chegar a un acordo cos espartanos. Ao día seguinte, durante a asemblea, Alcibíades preguntoulles que poderes lles concedera Esparta e responderon que non foran con plenos poderes. Isto estaba en directa contradición co que dixeran o día anterior e Alcibíades valeuse desta oportunidade para denunciar o seu carácter, sementar a sospeita sobre os seus obxectivos e destruír a súa credibilidade. Este truco incrementou o prestixio de Alcibíades mentres avergoñaba a Nicias, co que Alcibíades foi nomeado xeneral. Aproveitou o seu crecente poder para orquestrar a creación dunha alianza entre Argos, Mantinea, Elis e outros estados do Peloponeso, ameazados polo dominio de Esparta na rexión. Segundo Gomme, «era un grandioso plan para un xeneral ateniense á cabeza dun exército principalmente peloponeso marchar a través do Peloponeso burlándose de Esparta cando a súa reputación estaba máis baixa»A.W. Gomme, A Historical Commentary on Thucydides, p. 70. Esta alianza, con todo, sería derrotada en última instancia na batalla de Mantinea.
Nos anos 416 a.C. - 415 a.C. tivo lugar un complexo enfrontamento entre Hipérbolo, por unha banda, e Nicias e Alcibíades, pola outra. Hipérbolo tratou de provocar o ostracismo dun deles, pero Alcibíades e Nicias combinaron a súa influencia para inducir ao pobo a expulsar a Hipérbolo. Este incidente revela que Nicias e Alcibíades dispuñan cada un dos seus propios seguidores, cuxos votos eran determinados polos desexos dos líderes.
Alcibíades non foi un dos xenerais involucrados na captura de Milo en 416 a.C. - 415 a.C., aínda que Plutarco o fai partidario do Decreto polo cal os homes de Milo foron asasinados e as mulleres e os nenos escravizadosO masacre de Milo levada a cabo polos atenienses nárraa Tucídides.. O orador Andócides alega que Alcibíades tivo un fillo cunha destas mulleres escravizadas.
O seu prestixio e carisma acrentouse tras gañar nos Xogos Olímpicos do ano 416 a. C.
Expedición a Sicilia En 415 a.C., chegaron a Atenas uns delegados da cidade siciliana de Sexesta, para solicitar axuda aos atenienses na súa guerra contra Selinunte. Dita solicitude foi debatida na asemblea e Nicias opúxose con vehemencia contra a intervención ateniense. Argumentou que a campaña sería moi custosa, á vez que atacaba as motivacións e o carácter de Alcibíades, que se erixiu no principal partidario da expedición. Doutra banda, Alcibíades argumentou que unha campaña neste novo territorio proporcionaría riquezas á cidade e ampliaría o imperio, igual que ocorrera anteriormente coas Guerras Médicas. Alcibíades prognosticou no seu discurso, (con esaxerado optimismo, segundo a opinión da maioría dos historiadores) que os atenienses poderían recrutar a aliados na rexión e impor o seu goberno a Siracusa, a cidade máis poderosa de SiciliaPlatias-Koliopoulos, Thucydides on Strategy, 237-246. A pesar da entusiasta defensa do plan por parte de Alcibíades, sería Nicias, e non el, quen transformaría unha modesta intervención no lugar nunha gran campaña e que faría pensar a todo o mundo que a conquista non só sería posíbel senón mesmo seguraKagan, The Peloponnesian War, 322. A súa suxestión foi que o tamaño da frota se incrementase dunhas 60 embarcacións até as 140 galeras, e que as forzas alcanzasen 5 100 homes de infantaría pesada e uns 1 300 arqueiros, fondeiros e tropas lixeiras. O filósofo Leo Strauss subliña que a expedición siciliana superaba todo o emprendido por PericlesL. Strauss, The City and Man, 104. A verdadeira intención de Nicias era asustar á asemblea coa súa alta estimación das forzas requiridas pero, en lugar de disuadir aos seus concidadáns, a súa análise fíxoo aínda máis desexábel. En contra dos seus desexos, Nicias foi nomeado xeneral, xunto con Alcibíades e Lámaco; os tres con plenos poderes para lograr que os intereses de Atenas en Sicilia se cumprisen.
Unha noite, durante os preparativos para a expedición, os hermai -cabezas do deus Hermes sobre un plinto cun falo- foron mutilados en toda Atenas (véxase Hermocópidas). Isto supuxo tanto un escándalo relixioso como un mal presaxio para a misión. Plutarco explica que Androcles, un dirixente político, usou testemuñas desleais que culparon a Alcibíades e aos seus amigos de mutilar as estatuas e ademais de profanar os misterios de EleusisPlutarco, Alcibíades, 19. Despois, os seus adversarios políticos, encabezados polo propio Androcles e por Tesalo, fillo de Cimón, enrolaron a oradores para argumentar ante a asemblea que Alcibíades debía partir como estaba planeado e someterse a xuízo ao seu regreso da campaña. Alcibíades, que recelaba das súas intencións, pediu que se lle permitise someterse a xuízo inmediatamente, baixo a ameaza de pena de morte, para poder limpar o seu nome. A petición foi denegada e a frota partiu pouco despois, cos cargos sen resolverTucídides, VI, 29. "Aos nosos aliados de alí xuramos defendelos e non para que deban acudir aquí a nos defender, senón para que ocasionen dificultades aos nosos inimigos de alí e impidan que veñan atacarnos. Así é como construímos o noso imperio (...) asistindo aos que reclamaban a nosa presenza. Porque non só hai que defenderse cando se é atacado, senón que hai que anticiparse para impedir. E non é posíbel determinar con precisión a extensión que queremos darlle ao noso imperio, senón que, en vista do que conseguimos, é necesario conspirar para prolongala, porque, se deixásemos de gobernar a outros, estariamos en perigo de ser gobernados. Non podedes mirar a inactividade desde o mesmo punto de vista que os demais, a menos que vos preparedes para cambiar o voso modo de vida e que sexa como o seu." Oración de Alcibíades antes da expedición a Sicilia, recollida por Tucídides, (VI, 18); Tucídides nega a exactitude verbal (1, XXI).