O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero. Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.
O IPNI tamén mantén unha lista de abreviacións dos nomes de autores estandarizadas. Estas estaban inicialmente baseadas en Brummitt & Powell (1992), pero estanse a engadir decote novos nomes e abreviacións.
Descrición O IPNI é o produto dunha colaboración entre os Royal Botanic Gardens, Kew (Index Kewensis), os Harvard University Herbaria (Gray Herbarium Index), e o Australian National Herbarium (APNI). A base de datos IPNI é unha colección de nomes rexistrados polas tres institucións cooperantes e estas traballan cara a estandarización da información. O estándar de abreviacións de autores recomendado polo Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas é a obra de Brummitt and Powell Authors of Plant Names. No IPNI pode consultarse unha lista de autores e abreviacións dixitalizada e continuamente posta ao día.
Máis que prescribir a nomenclatura botánica aceptada, o que fai o IPNI é proporcionar nomes que aparecesen en publicacións eruditas co obxectivo de prover dun índice de nomes publicados. The Plant List é un proxecto complementario iniciado en 2010, que pretende determinar cales son os nomes aceptados das especies. O uso do IPNI é gratuíto.
Un proxecto similar, que fai unha listaxe de nomes de fungos, é o Index Fungorum.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos The Plant List
Ligazóns externas
Páxina web oficial do IPNI Plant Name search – busca do IPNI por nomes de plantas Author search – busca do IPNI por nomes de autor e abreviacións estándar
Categoría:Nomenclatura botánica Categoría:Bases de datos biolóxicas