Hibiscus syriacus chamada vulgarmente hibisco de Siria, rosa de Sharon ou roseira de Siria,Ningún dicionario galego recolle polo de agora o nome vulgar (común a todas as linguas romances) por iso a entrada do artigo recolle o nome científico é unha especie de planta floral caducifolia. Cultívase como flor ornamental en moitas partes do mundo, sendo común atopala en xardíns de Galiza, incluso coma árbore nas rúas das cidades. miniatura|Ilustración de Louis-Aristide-Léon Constans (fl. 1830s-1860s), placa 106 do terceiro volume de Paxton's Flower Garden (1852-1853) de John Lindley e Joseph Paxton.
Descrición É unha planta orixinaria de Asia, que pode acadar entre 2 e 4 metros de altura. Xeralmente cultívase en lugares onde os veráns son moi cálidos polas súas atractivas flores. Estas poden ser de varias cores: brancas, rosadas, vermellas, violetas, etc. Cada flor ten unha curta vida (ao redor dun día), mais como a planta produce moitas sempre poden apreciarse varias. O período de floración vai desde a primavera até o outono.Hibiscus syriacus en www.centralpark.com (en inglés)
Hibiscus syriacus é a flor nacional de Corea do Sur, aparecendo en diversos emblemas nacionais. No himno nacional deste país compárase a Corea con esta flor. O nome da flor en coreano é mugunghwa (Hangul: 무궁화; Hanja: 無窮花).
Esta planta pódese propagar por esgallos ou sementes.Hibiscus syriacus en www.pfaf.org (en inglés)
Taxonomía Hibiscus syriacus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum2: 695. 1753. Etimoloxía Hibiscus: nome xenérico que deriva da verba grega: βίσκος ( hibískos ), que era o nome que deu Dioscórides (aC. 40-90) a Althaea officinalis.
syriacus: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Siria.En Epítetos Botánicos Sinonimia Hibiscus acerifolius Salisb. Hibiscus floridus Salisb. Hibiscus rhombifolius Cav. Ketmia arborea Moench Ketmia syriaca (L.) Scop. Ketmia syrorum Medik.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía (en inglés) (en inglés) CONABIO, 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. Cap. nat. México 1. Flora of Chinesa Editorial Committee, 2007. Fl. China Vol. 12. Outros artigos Hibisco Historia da botánica Malvaceae
Categoría:Hibiscus Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flores Categoría:Flora de Asia