Alissa White-Gluz, nada o 31 de xullo de 1985 en Montreal é unha cantante canadense, coñecida por ser a anterior vocalista e membro fundadora do grupo The Agonist, e a vocalista dende 2014 do grupo sueco de Death metal melódico Arch Enemy.
Traxectoria
The Agonist No ano 2004 White-Gluz formou o grupo The Agonist xunto a Danny Marino e Chris Kells en Montreal, asinando posteriormente co selo Century Media Records e gravando tres álbums musicais de estudio.
Arch Enemy miniatura|dereita|300px|Actuación de Arch Enemy en Colonia no 2016 O 17 de marzo de 2014 Arch Enemy anunciou por medio dun comunicado de prensa que White-Gluz sería a substituta da anterior vocalista Angela Gossow. White-Gluz publicou unha mensaxe na súa páxina de Facebook dicindo que deixara o seu anterior grupo The Agonist, e que Vicky Psarakis sería a nova vocalista do mesmo.https://www.facebook.com/AlissaWhiteGluzFans?fref=ts Posteriormente en agosto do 2015, White-Gluz afirmou nunha entrevista que os restantes membros de The Agonist foran os que a botaran do grupo.
Discografía
Con Arch Enemy
War Eternal (2014) Stolen Life (2015, EP)
Con The AgonistOnce Only Imagined (2007)Lullabies for the Dormant Mind (2009)Prisoners (2012)
Colaboracións Blackguard – "The Sword" – Profugus MortisKamelot – "Sacrimony (Angel of Afterlife)" – SilverthornDelain – "The Tragedy Of The Commons" – The Human ContradictionKamelot - "Liar Liar (Wasteland Monarchy)" e "Revolution" - HavenTarja Turunen - "Demons in You" - The Shadow Self''
Notas
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Montreal Categoría:Cantantes do Canadá