A lingua de sinais colombiana (en ; LSC) é unha lingua de sinais empregada pola comunidade xorda en Colombia. Está emparentada filoxeneticamente coa lingua de sinais francesa. Segundo Ethnologue, algúns sinais son semellantes ós das linguas de sinais española, americana e salvadoreña.https://www.ethnologue.com/language/csn/17

Historia As primeiras escolas para xordos foron creadas en 1924, dúas en Bogotá e dúas en Medellín. A súa orixe data de 1984 coa creación da "linguaxe manual colombiana" por parte da Federación Nacional de Xordos de Colombia (FENASCOL). O primeiro curso de Linguaxe Manual Colombiana foi publicado en 1993. Foi recoñecida oficialmente mediante a Lei 324 de 1996 como "a lingua de sinais propia da comunidade xorda do país". No 2006, o INSOR (Instituto Nacional para Xordos) e o Instituto Caro y Cuervo coa colaboración de Fenascol, publican o primeiro Dicionario Básico da lingua de sinais colombiana.http://www.lenguasdecolombia.gov.co/content/lengua-de-se%C3%B1as-colombiana

Alfabeto O alfabeto manual colombiano emprégase para distinguir os sinais da LSC e incorporar palabras colombianas ó asinar. Está composto por 32 configuracións manuais e emprega as 27 letras do alfabeto español.http://www.lenguasdecolombia.gov.co/sites/lenguasdecolombia.gov.co/files/lengua%20de%20se%C3%B1as.pdf

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas FENASCOL Federación Nacional de Xordos de Colombia CALSC Curso de autoaprendizaxe da lingua de sinais colombiana

Categoría:Linguas de sinais Categoría:Linguas de Colombia