miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Chile, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Chile ratificou a convención en 20 de febreiro de 1980, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Chile Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01 Parque Nacional Rapa Nui 150px Illa de Pascua 1995 715; i, iii, v(Cultural)02 Igrexas de Chiloé 150px Los Lagos 2000 971; ii, iii(Cultural)03 Barrio Histórico da Cidade Portuaria de Valparaíso 150px Valparaíso 2003 959; iii(Cultural)04 Fábricas de Nitrato de Humberstone e Santa Laura 150px Tarapacá 2005 1178; ii, iii, iv(Cultural)05 Cidade Mineira de Sewell 130px O'Higgins 2006 1214; ii(Cultural)06 Qhapaq Ñan, Camiños do Inca 150px ColVarios, compartido con 2014 1459; ii, iii, iv, vi(Cultural)07 Asentamento e momificación artificial da cultura chinchorro na rexión de Arica e Parinacota 150px Arica e Parinacota 2021 1634; iii, v(Cultural)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país
Ligazóns externas UNESCO Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade en Chile