Brugmansia é un xénero de plantas fanerógamas da familia Solanaceae, nativa das rexións subtropicais de México, Centro e Suramérica, ao longo de Andes de Colombia até o norte de Chile e mesmo o sueste do Brasil.The Plant List Son coñecidas como "trompetas de anxo" por mor das súas enormes flores e comparten devandito nome cos toloaches do xénero Datura co cal están estreitamente emparentados. O nome común en Colombia é de "borrachero" ou "cacao sabanero", que tamén se dá a algunhas plantas do xénero Datura. No Salvador chámaselle "florifundia". En Costa Rica chámanlle "reina de la noche". En Venezuela coñécese como "campanita". En Ecuador, o Perú, Chile, México e Arxentina é coñecida como "floripondio". Na República Dominicana, Cuba e Porto Rico coñéceselle como "flor de campana" ou "campanilla". O xénero difire de Datura en que é perenne e leñosa.
É común atopala en Galiza coma planta ornamental en xardíns privados.
Descrición Son arbustos ou pequenas árbores que acadan alturas de 3 a 11 metros. As follas son alternas xeralmente longas de 10 a 30 cm e cunha largura de 4 a 18 cm con bordos enteiros ou someramente dentados, a miúdo con base do limbo asimétrica, e cubertas de finas vilosidades. As flores pénsiles chegan a medir 30 cm de longo; son xeralmente esbrancuxadas ou amarelas aínda que tamén rosas, laranxas ou vermellas. O seu perfume, que especialmente se manifesta á noitiña, atrae insectos nocturnos e, especialmente, morcegos que son os principais responsábeis da polinización, aínda que certas especies (por exemplo Brugmansia sanguinea) son polinizadas por colibrís.
O froito é unha baga non espiñenta obovada ou en forma de fuso que pode ser moi longo. Contén un número moi variábel (até máis de 300) de sementes centimétricas.
Cultivo O xénero medra facilmente en climas sen xeadas, sobre solos húmidos e fértiles ben drenados, a pleno sol ou a media sombra. A floración comeza a mediados ou finais da primavera en climas cálidos e continúa até o outono, a miúdo pódese alongar até principios do inverno en condicións cálidas. En invernos fríos, as plantas cultivadas á intemperie poden precisar de abeiro mais a raíz é resistente e ha regromar na primavera. As especies de rexións altas, como B. Sphaerocarpium, prefiren temperaturas moderadas e noites frescas, e poden non florear se as temperaturas son moi elevadas. A propagación da maioría das especies lógrase facilmente por cortes de esgallo de 10 a 20 cm tomados do final dunha póla e espichándoos durante o verán. dereita|miniatura|203x203px|Flor de Brugmansia. Diversos híbridos e numerosos cultivares desenvolvéronse para o seu uso como ornamentais. B. x candida é un híbrido entre B. aurea e B. versicolor, B. x flava resulta de B. arborea e B. sanguinea, e B. x cubensisShaw, Julian M. H. (1999) Nomenclature Notes on Brugmansia. é o resultado de tres especies: B. suaveolens, B. versicolor e B. aurea.
Tamén existen cultivares con flores duplas e algúns con follas variegadas.
Toxicidade Como no caso de Datura, todas as partes das plantas deste xénero son altamente tóxicas debido ao seu contido en alcaloides tropánicos (escopolamina e hiosciamina, entre outros). A súa inxestión, tanto en humanos como noutros animais, pode resultar fatal.F. Löhrer & R. Kaiser: Biogene Suchtmittel: Neue Konsumgewohnheiten bei jungen Abhängigen?, en: Der Nervenarzt, Volume 70, 1999, p. 1029-1033. O simple contacto cos ollos pode producir midríase (dilatación das meniñas) ou anisocoria (desigualdade no tamaño pupilar). Nalgúns lugares está prohibido o comercio ou cultivo das especies deste xénero.
Usos Estas plantas son inxeridas en ocasións por diversión ou en cerimonias chamánicas polo seu contido de alcaloides. Con todo, dada a inestabilidade dos compostos, o grao de intoxicación é impredicíbel e pode ser fatal.
O consumo ritual de Brugmansia é un importante aspecto do xamanismo nalgúns pobos indíxenas do leste do Amazonas como os xívaros. Do mesmo xeito, é o compoñente central na cosmoloxía e prácticas chamánicas do pobo urarina.Dean, Bartholomew 2009 Urarina Society, Cosmology, and History in Peruvian Amazonia, Gainesville: University Press of Florida ISBN 978-081303378
Taxonomía O xénero foi descrito por Christiaan Hendrik Persoon e publicado en Synopsis Plantarum, vol. 1, p. 216 en 1805.Brugmansia en PlantList A especie tipo é: Brugmansia × candida Pers. Etimoloxía Brugmansia: nome xenérico outorgado en honra a Sebald Justin Brugmans (1763-1819), profesor de historia natural en Leiden, Países Baixos.California Plant Names: Latin and Greek Meanings and Derivations - A Dictionary of Botanical and Biographical Etymology, compiled by Michael L. Charters, 2003-2013
Especies Brugmansia arborea (L.) Steud. Brugmansia longifolia Lagerh. Brugmansia pittieri (Saff.) Moldenke Brugmansia sanguinea (Ruiz & Pav.) D.Don Brugmansia suaveolens (Humb. & Bonpl. ex Willd.) Bercht. & J.Presl Brugmansia versicolor Lagerh. Brugmansia × candida Pers. Brugmansia × dolichocarpa Lagerh. Brugmansia × insignis (Barb.Rodr.) Lockwood ex R.E.Schult Brugmansia × rubella (Soff.) Moldenke Estas especies dividíronse anteriormente en dous grupos naturais xeneticamente illados. Brugmansia sección Brugmansia incluía as especies insignis, sauveolens e versicolor; e denominouse informalmente como "grupo de cultivo cálido". A sección B Sphaerocarpium inclúe as especies arborea e sanguinea e denominouse "grupo de cultivo frío".
Notas
Véxase tamén Bibliografía Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & Ou. M. Montiel Jarquin. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,. Outros artigos Historia da botánica Solanáceas
Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Plantas ornamentais