A tempada 2000-2001 da División de Honra B foi a terceira edición da nova segunda división do rugby en España, creada dous anos atrás pola Federación Española de Rugby co nome de "Campionato de Liga Nacional Primeira Especial". Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contando cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.

Os dez equipos participantes foron o Cisneros, CAR, CAU Valencia, CRAT, Montjuic e Valencia participantes na edición anterior; o Arquitectura e CDU Granada descendidos da División de Honra; e o ADUS e Les Abelles ascendidos da Primeira Nacional.

A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.

Clasificación PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPC 1º. C.A.U. Valencia26 18 13 0 5 424 319 2º. C.R. Cisneros 24 18 12 0 6 503 362 3º. C.N. Montjuic24 18 12 0 6 470 286 4º. C.D.U. Granada 18 18 9 0 9 402 423 5º. A.D.U.S. 16 18 8 0 10 371 465 6º. C.R.A.T. 16 18 8 0 10 280 383 7º. C.D. Arquitectura 15 18 7 1 10 425 459 8º. R.C. Valencia 15 18 7 1 10 400 434 9º. C.R. Les Abelles 13 18 6 1 11 353 399 10º. C.A.R. 13 18 6 1 11 343 411

Posicións de ascenso directo (1º e 2º). Posicións de descenso directo (9º e 10º).

PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos

PF - Puntos a favorPC - Puntos en contra

O campión da categoría foi o C.A.U. Valencia.

Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2000-2001 Outros artigos División de Honra de Rugby 2000-2001

Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2000 Categoría:Rugby en 2001