A pega sobre o cadafalso (en neerlandés, Ekster op de Galg) é unha obra do pintor flamengo Pieter Brueghel o Vello. É un pequeno óleo sobre táboa, practicamente cadrada, pois mide 45,9 cm x 34 cm. Exhíbese actualmente no Museo estatal de Hesse (Hessisches Landesmuseum) de Darmstadt, Alemaña. Data do ano 1568.

Análise O cadro presenta un claro no bosque onde hai tres campesiños danzando música de gaitas, xunto a unha forca sobre o que está pousada unha pega. O cadafalso álzase no centro do cadro, dividíndoo en dous partes, unha composición manierista co lado dereito máis «aberto» e o esquerdo máis «pechado», coa pega preto do centro exacto do cadro.Early Netherlandish painting, Vol. 4 de Collections of the National Gallery of Art Systematic Catalogue, Cambridge University Press, 1986, ISBN 0894680935, p.32 O cadafalso parece formar un «obxecto imposible», parecido a un triángulo de Penrose, coas bases dos postes plantados de maneira aparente un xunto ao outro, pero co lado dereito do membro da cruz retrocedendo cara ao fondo, e unha iluminación contraditoria.

Outra pega aséntase sobre unha roca na base do cadafalso, preto do cranio dun animal. As únicas persoas ocupan a parte esquerda do primeiro plano: un home defeca nas sombras á esquerda, mentres que outros miran ao tres danzaríns. Á dereita álzase unha cruz cun muíño de auga detrás. O fondo ábrese a unha vista dun val fluvial, cunha cidade á esquerda e un castelo sobre un promontorio rochoso por riba, e unha torre noutro afloramento rochoso á dereita, e outeiros afastados e o ceo por detrás. Tras os danzaríns álzanse dúas árbores entrelazadas, un motivo usado por Brueghel nun debuxo anterior de osos xogando nun bosque. A impresión de profundidade lógrase pola progresión dos tons castaños densos que dominan o primeiro plano, a través de tons medios verdosos na media distancia, até os azuis e grises claros do fondo.

A pintura de Brueghel creouse o ano posterior á chegada do Duque de Alba, aos Países Baixos españois, enviado polo rei español Filipe II para esmagar a rebelión holandesa. O cadafalso pode representar a ameaza de execución daqueles que predicaban a nova doutrina protestante, e a pintura pode aludir a varios proverbios flamengos. Hai unha alusión directa aos proverbios neerlandeses de bailar ou cagar sobre o cadafalso, o que significa unha burla ao estado. Tamén alude á crenza de que as pegas son laretas, e que a murmuración leva ao aforcamento. E que a maneira en que a forca destaca sobre prados amenos.

Non se sabe por que ou para quen se pintou o cadro. A súa data de 1568 fai deste cadro un dos últimos de Brueghel antes de falecer en 1569; de feito, quizais sexa a súa obra final.Painting life: the art of Pieter Bruegel, the Elder, Robert L. Bonn, 2006, ISBN 1884092128, p.106 Brueghel pediu á súa esposa que queimase algúns dos cadros á súa morte, pero díxolle que conservase A pega sobre o cadafalso para ela mesma.The Last Flowering of the Middle Ages , Baron Joseph Van Der Elst, Kessinger Publishing, 2005, ISBN 1419138065, p.114

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Os proverbios flamengos Ligazóns externas Web Gallery of Art 

Categoría:Obras pictóricas de Pieter Brueghel o Vello Categoría:Obras pictóricas de 1568