Rapaces xogando a soldados (en ) é un cartón para tapiz de Francisco de Goya, encargado para o antedormitorio dos Príncipes de Asturias no Palacio Real de El Pardo. Exhíbese no Museo do Prado e ademais consérvase un bosquexo preparatorio para este cartón, na Colección Yanduri de Sevilla.
Análise Dous nenos en pé portan fusiles, mentres que un toca un tambor e o último sostén un campanario. A perspectiva baixa do cuadro refórzase ó atoparse as personaxes sobre uns chanzos.
esquerda|miniatura|200px|Bosquexo para o cadro, conservado na colección Yanduri de Sevilla. A composición ten un carácter marcial, gracioso e infantil. O espectador pode admirar a un animado soldadiño en primeiro plano, o que constitúe un altísimo logro na carreira artística do autor. Goya representa a miúdo a infancia nos seus diferentes tipos sociais, como "majos", aristócratas e outros.
A tapicería estivo destinada a funcionar como sobreporta, ó igual que tódolos cartóns dedicadas a asuntos infantiles como Nenos da carreta, Rapaces collendo froita ou Nenos inflando unha vexiga. Ten unha gama cromática semellante a de Oleiro valenciano, situados ámbolos dous na mesma parede.
A cor amarelada e azulada da obra esperta un carácter máis alegre, en relación ás facianas dos nenos. A pincelada e a iluminación converten a esta obra nun antecedente do impresionismo, como outros cadros de Goya.
Ocasionou algúns problemas ós tapiceiros, quen tiveron que alterar o sentido da composición para adecualo ó gusto imperante na época.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da obra no sitio oficial do Museo do Prado Descrición do óleo en artehistoria.com
Categoría:Obras pictóricas de Goya Categoría:Cadros do Museo do Prado