Hunzahúa foi o primeiro zaque de Hunza, que hoxe é a cidade colombiana de Tunja. Hunzahúa foi o gobernante da parte norte dos territorios muiscas. Durante o seu reinado centralizouse o poder de todo o territorio muisca na cidade de Hunza (Tunja), bautizada así na súa honra, e unificouse a relixión e a lingua.
Goberno Hunzahúa e os seus sucesores exerceron o control sobre as terras que van dende o Chicamocha até os sutagaos, e dende as vertentes das chairas de San Juan até as fronteiras dos panches e os muzos, incluíndo o territorio de Vélez. A unidade instaurada baixo o seu mandato foi rota en tempos de Michuá polo zipa Saguamanchica, por mor das diferenzas que tivo co cacique de Guatavita.http://pueblosoriginarios.com/biografias/hunzahua.html
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gobernantes muiscas Conquista española das nacións chibchas
Bibliografía José Antonio de Plaza (1809-1854). Compendio da historia da Nova Granada dende antes do seu descubrimento até o 17 de novembro de 1831. Bogotá: Imp. del Neogranadino, 1850.
Categoría:Gobernantes muiscas Categoría:Historia de Colombia Categoría:Finados en 1470