Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE, en 2022 tiña 770 habitantes (365 homes e 405 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación. É a parroquia menos poboada do concello.
Xeografía dereita|miniatura|Igrexa parroquial. Limita ao norte con Santa Comba de Bértola, ao suroeste con Vilaboa, ao leste coa Canicouva (Pontevedra), e ao noroeste con Salcedo (Pontevedra). A parroquia está situada na Depresión Meridiana. Nela nace o río dos Gafos, que discorre cara ao norte. O curso forma un val polo que pasa a vía portuguesa do Camiño de Santiago, percorrendo un tramo da antiga vía XIX do itinerario de Antonino. Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Madoz, na parroquia había un portádego no camiño de Pontevedra cara a Vigo e Tui.
Comunícase a través da estrada N-550, e pola autoestrada AP-9 (cunha estación de peaxe). Tamén pasa pola parroquia a vía de ferrocarril entre Pontevedra e Redondela. Antigamente existía o apeadoiro de Figueirido, pero o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade provocou a construción dun túnel na zona.
Patrimonio A igrexa parroquial é barroca, do século XVII, se ben conserva parte da ábsida rectangular de estilo románico. Sobre o testeiro ten un agnus dei, e nun dos laterais ten unha seteira románica. Ten planta rectangular, co presbiterio cuberto con bóveda de canón. Unha das pedras do muro sur ten gravado un dameiro.
Na parroquia está a base militar da BRILAT.
Deportes Na parroquia está o Figueirido CF que xoga na 2ª División Rexional.
Lugares e parroquias Lugares de Figueirido
Parroquias de Vilaboa
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Vilaboa
Categoría:Parroquias de Vilaboa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André