O Tombo de Toxosoutos é unha compilación realizada polos monxes do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos no século XIII (a. 1289), cando Sancho Eanes era abade, relacionada coas súas posesións. Na actualidade a documentación do tombo atópase no Arquivo Histórico Nacional.
Contido As páxinas orixinais do tombo chegan ata o folio 192r, no revés do cal comeza unha escritura diferente. A escritura orixinal é de tipo carolinxio, mentres que a parte engadida está redactada en letra gótica cursiva pertencente á primeira metade do século XIV. Os folios orixinais salientan pola mestura dun romance (ou latino-romance) con formas latinas e viceversa: «Jtem de quarta donega a quinta polos Berbegoes e XX dineiros de renda pro frater Dominico Caualeyro». Os documentos, de ámbito eclesiástico, pódense dividir en dispositivos (instrumentos notariais) e non-dispositivos (novas ou minutas). No primeiro caso, un fedatario protocolariza e rexistro o documento, o cal adquire un valor legal e público, así como unha credibilidade social. En segundo lugar, a documentación non-dispositva carece de valor xurídico e diplomático xa que non hai un validador que lle confira autenticidade e efecto xurídico-administrativo ao feito que se dá conta. Este tombo foi salientado por moitos historiadores debido ás súas miniaturas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura
Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Manuscritos