Madrid-Atocha Cercanías é unha estación ferroviaria de Adif situada no complexo ferroviario de Atocha, na cidade de Madrid. Concentra os servizos de proximidades, media distancia e os de longa distancia que continúan ata Chamartín. O resto de trens que paran en Atocha fano na estación de Madrid-Puerta de Atocha.
Situación ferroviaria A estación, que se atopa a 618,18 metros de altitude, forma parte dos trazados das seguintes liñas férreas:
Liña férrea de ancho ibérico Madrid-Valencia, punto quilométrico 0,0. Liña férrea de ancho ibérico Atocha-Chamartín, punto quilométrico 0,0. Liña férrea de ancho ibérico Atocha-Pinar de las Rozas, punto quilométrico 7,5. Liña férrea de ancho ibérico Móstoles-Parla, punto quilométrico 0,0. Liña férrea de ancho ibérico Atocha-San Fernando de Henares, punto quilométrico 0,0. Liña férrea de ancho ibérico Atocha-Entrevías, punto quilométrico 0,0. Liña férrea de ancho ibérico Atocha-Santa Catalina, punto quilométrico 0,0.
Historia A estación de Atocha-Cercanías xurdiu da remodelación completa da estación de Atocha, realizada entre 1985 e 1992. Na operación, a estación orixinal de Madrid-Atocha foi substituída nas súas funcións por dúas novas estacións: Madrid-Puerta de Atocha, destinada a recibir as liñas de alta velocidade e os trens que finalizan na estación; e Atocha-Cercanías, destinada aos trens pasantes que se encamiñan cara aos Túneles da Risa. Esta estación vén substituír ao primitivo apeadoiro semienterrado que se situaba xunto á vella estación e que servía de extremo sur do túnel. Nesta reforma tamén se aproveitou para reordenar todo o deseño da rede ferroviaria ao redor de Madrid, así como para mellorar a rede de proximidade. En todo este conxunto de accións hai que incluír diversas actuacións máis ou menos coetáneas no tempo como son o Corredor Verde Ferroviario que permitirá unir Príncipe Pío con Atocha-Cercanías así como o novo túnel ferroviario desde Aluche ata Atocha-Cercanías por Embajadores para integrar o servizo de proximidade a Alcorcón e Móstoles co resto do núcleo. Desta forma Atocha-Cercanías convértese no nodo principal do núcleo de Proximidades Madrid, sendo estación de paso de todas as liñas da rede (salvo a C-9).
Nun futuro traballarase na ampliación da estación, coa inclusión de dúas novas vías e unha plataforma.
Desde o 31 de decembro de 2004 o organismo Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Atentado de 2004 Na mañá do 11 de marzo de 2004 un tren de proximidade foi atacado na vía 2 desta estación durante os coñecidos como atentados do 11-M. Por mor das tres estoures detonadas nese tren, 34 persoas faleceron na estación. Ademais, un segundo tren foi tamén atacado a uns 700 metros desta estación, á altura da rúa de Téllez, falecendo 64 persoas máis.
Incidente do 25 de setembro de 2012 O 25 de setembro de 2012, despois da manifestación dese día, varios axentes do equipo antidisturbios e vixiantes internos da estación metéronse nas plataformas, infundindo pánico e terror mentres disparaban salva e agredían indiscriminadamente tanto a manifestantes que asaltaran anteriormente o congreso como a usuarios que simplemente esperaban os seus trens nas plataformas da estación.
Servizos ferroviarios Longa distancia Utilizan a estación os trens que parten de Madrid cara o sur en ancho ibérico. Teñen a súa orixe ou destino en Madrid-Chamartín, realizando parada en Atocha Cercanías: Intercity Madrid-Chamartín • Madrid-Atocha Cercanías • Alcázar de San Juan • Linares-Baeza • Jódar-Úbeda • Cabra del Santo Cristo-Alicún • Moreda • Guadix • Fiñana • Gádor • Huércal-Viator • Almería Alvia Madrid-Chamartín • Madrid-Atocha Cercanías • Leganés • Torrijos • Talavera de la Reina • Oropesa de Toledo • Navalmoral de la Mata • Monfragüe • Cáceres • Mérida • Montijo • Badaxoz
Media Distancia Utilizan a estación os trenes de Media Distancia que parten en ancho ibérico cara o sur. A cabeceira dalgúns trens, anteriormente, foi trasladada temporalmente á estación de Villaverde Bajo debido á falta de capacidade da estación. Liña 51 (R-1): Madrid-Atocha - Ávila Liña 52 (R-10): Madrid-Atocha - Talavera de la Reina - Plasencia - Cáceres - Mérida - Badaxoz Liña 53 (R-2): Madrid-Atocha - Segovia Liña 57 (R-7): Madrid-Chamartín - Alcázar de San Juan - Albacete-Los Llanos Liña 58 (R-8): Madrid-Chamartín - Alcázar de San Juan - Xaén
Proximidades Na estación conflúen todas as liñas de Proximidades Madrid, a excepción da liña C-9.
Liñas que prestan servizo na estación procedencia/destino < estación Liña estación > destino/procedencia ChamartínRecoletos 50px Asamblea de Madrid-Entrevías Guadalaxara Sol 50px Villaverde Bajo Aranjuez Alcobendas-San Sebastián de los Reyes 50px Parla Colmenar Viejo Móstoles-El Soto Embajadores 50px Méndez Álvaro Fuenlabrada / Humanes Príncipe Pío Recoletos 50px Asamblea de Madrid-Entrevías Alcalá de Henares Cercedilla 50px GuadalaxaraSanta María de la Alameda-PeguerinosEl Escorial Chamartín 50px Méndez Álvaro Villalba
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Estación de Atocha Estación de Madrid-Puerta de Atocha Estación de Madrid-Chamartín
Ligazóns externas Información na web de Adif
Atocha-Cercanias