José de la Peña de Toro, nado en Salamanca e finado en Santiago de Compostela en 1676, foi un arquitecto e mestre de obras do reino de León.

miniatura|Claustro do colexio de San Xerome, obra de José Peña Toro. Traxectoria Traballou no convento de Santo Estevo de Salamanca. Clasicista, posteriormente evolucionou cara ó barroco. Chamado polos monxes beneditinos, en 1652 trasladouse a Santiago de Compostela onde continuou as obras do Mosteiro de San Martiño Pinario. En 1656, a Universidade contratouno para construír o claustro do Colexio de San Xerome.

Dirixido polo cóengo José Vega y Verdugo, de 1658 a 1672 traballou na Catedral de Santiago de Compostela (Pórtico Real da Praza da Quintana, Porta Santa ou dos Perdóns, Porta dos Abades, ciborio e coroación das ábsidas e Torre das Campas da Fachada do Obradoiro), sucedendo, en 1664, como mestre de obras ao portugués Francisco de Antas, que finou nese ano.

Fixo, tamén, a capela de Santa Tareixa (logo chamada da Soidade) na igrexa parroquial de Santa María Salomé, a capela de San Xosé na Igrexa da Compañía de Xesús de Santiago, hoxe igrexa da Universidade, e a capela de San Miguel na igrexa de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa).

Notas

Véxase tamén Bibliografía (2010). El arte barroco español Encuentro. ISBN 978-84-9920-503-8. Outros artigos Domingo de Andrade Melchor de Velasco Agüero Ligazóns externas «A arquitectura barroca compostelá. 2ª metade do século XVII» Espazo Abalar.

Categoría:Arquitectos de España do século XVII Categoría:Arquitectos do Barroco Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Finados en 1676 Categoría:Catedral de Santiago de Compostela

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en ano descoñecido