250px|miniatura|Mapa das liñas rexionais e de proximidades 250px|miniatura|Coche motor serie 2900 de Renfe Feve Renfe Feve, coñecida simplemente como Feve,Renfe Feve é unha división comercial do operador ferroviario español Renfe Operadora encargada da explotación e xestión de distintos ferrocarrís de vía estreita e que opera nas comunidades autónomas de Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León e Rexión de Murcia.

Dita división é a herdeira da entidade pública empresarial Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (FEVE),Decreto-lei 11/1965 do 23 de setembro fundacional de FEVE. Boletín Oficial del Estado Número 230. 25 de setembro de 1965  http://www.boe.es/boe/dias/1965/09/25/pdfs/A13102-13102.pdf un operador ferroviario propiedade do Estado español fundado en 1965 e que se encargaba de explotar os devanditos servizos así como as estacións e as infraestruturas deles. Esta empresa desapareceu o 31 de decembro de 2012 a causa do plan do Goberno para a unificación dos operadores estatais de vía ancha e estreita.

Historia miniatura|250px|Ferrocarril Santander-Liérganes. A actual división comercial de Renfe Operadora procede orixinalmente dos extintos Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (FEVE), unha entidade pública empresarial creada durante a ditadura franquista para facerse cargo do gran número de liñas de vía estreita que a principios dos anos 1960 foron a parar a mans do estado.Ana Olmedo Gaya, Historia legislativa de los ferrocarriles de vía estrecha. Universidade de Granada Do mesmo xeito que RENFE fora creada para facerse cargo de todas as liñas de ancho ibérico, durante case cincuenta anos FEVE fixo o propio coas liñas de vía estreita que pasaron a ser xestionadas polo estado. O 20 de xullo de 2012 aprobouse o Real Decreto-lei 22/2012, polo cal se ditou que FEVE quedaría extinguida o día 31 de decembro de 2012 e traspasouse a Adif o control e mantemento das infraestruturas, mentres que Renfe Operadora ocuparíase da explotación dos trens.Decreto-lei 22/2012 do 20 de xuño. Boletín Oficial del Estado Número 174. 21 de xuño de 2012  http://www.boe.es/boe/dias/2012/07/21/pdfs/BOE-A-2012-9772.pdf Desta forma unificáronse as redes nacionais de vía ancha e vía estreita. Na práctica, Renfe segue usando a marca Feve para referirse a todos os servizos ferroviarios que herdou da anterior compañía.

A actual Renfe Feve está especializada en transporte de mercadorías e rexional e de proximidade de pasaxeiros. O servizo estrela da compañía é o tren turístico de luxo Transcantábrico, que funciona desde 1982. Realiza o traxecto Santiago de Compostela (en autobús ata Ferrol)-Ferrol-Bilbao-León.

Servizos Servizos de proximidades A maioría do tráfico de FEVE concentrábase en pasaxeiros de proximidades, sendo o núcleo con maior número de usuarios o de Asturias, mentres que as liñas con máis tráfico eran as correspondentes a Cantabria, con preto de 2 millóns de usuarios cada unha.

Galiza C-1f: Ferrol-Ortigueira

Asturias Feve ten 6 liñas de proximidade en Asturias, que enlazan coas tres de Renfe. Estas liñas son as seguintes: C-4: Xixón-Cudillero C-5: Xixón-El Berrón-Laviana C-5a: Xixón-Oviedo C-6: Oviedo-El Berrón-Infiesto Apeadero C-7: Oviedo-Trubia-San Esteban de Pravia C-8: Baiña-Mieres-Collanzo

Cantabria C-2: Santander-Cabezón de la Sal C-3: Santander-Liérganes

Bilbao C-4: Bilbao-Concordia - La Calzada

León C-1f: León-Cistierna-Guardo Apeadero

Murcia C-4f: Cartaxena-Los Nietos

Rexionais e interrexionais Galicia - Asturias. R-1 Ferrol - Oviedo R-1a Ferrol - Ribadeo Asturias - Cantabria. R-2 Oviedo - Santander R-2a Oviedo - Llanes Cantabria - País Vasco. R-3 Santander - Bilbao-Concordia R-3a Santander - Marrón R-3b Bilbao-Concordia - Carranza Castela e León - País Vasco. R-4 León - Bilbao-Concordia

Trens turísticos de luxo 250px|miniatura|Transcantábrico na estación de Liérganes, en Cantabria. Transcantábrico O Transcantábrico é un servizo turístico de luxo que circula entre os meses de marzo e outubro. Existen dúas circulacións, iniciando cada unha o seu percorrido en León e Santiago de Compostela, respectivamente, cada semana. A viaxe ten unha duración dunha semana, visitando con todas as comodidades os principais atractivos turísticos do norte peninsular. Hai dous tipos: Transcantábrico Clásico: Santiago de Compostela - Bilbao - León Transcantábrico Gran Luxo: Santiago de Compostela - Donostia

Tren Al Andalus Itinerario Andalucía: Sevilla-Córdoba-Baeza-Úbeda-Granada-Ronda-Xerez da Fronteira-Cádiz Itinerario Ruta Estremeña: Sevilla-Zafra-Mérida-Cáceres-Monfragüe-Toledo-Aranjuez-Madrid Itinerario Camiño de Santiago: Madrid-Santiago de Compostela

Expreso de La Robla Itinerario de La Robla: Bilbao-León Itinerario Paraiso Verde: Bilbao-Oviedo

Material rodante

Locomotoras

ModeloImaxeN° de serieFabricanteAnoNotasSerie 1000100px1021-1063Alsthom, Levallois-Perret1955Algunhas transformadas en Serie 1900.Serie 1100 1101-1121Creusot - SECN, Sestaoanos 1950Serie 1200 1201-1210Batignolles - CAF, Beasainanos 1950Adquiridas polo Ministerio de Obras Públicas para varias compañías de vía estreita, despois usadas por FEVE.Serie 1300 1318-1325SECN, Sestao1966A 1322 está exposta en Cistierna.Listado del Material Ferroviario Español: Ficha de 1322. Consultado o 1 de xuño de 2009. Vehículo de manobras.Serie 1400 100px1421-1425Henschel, Electro-Motive Division1956 - 1959Serie 1500100px1501-15101511-1515General Electric, EireBabcock & Wilcox, Sestao19641974Coñecidas como GECo. A 1514 vendida a Arxentina.Listado del Material Ferroviario Español: FEVE - 1500. Consultado o 1 de xuño de 2009. Serie 1600100px1651-1660M.T.M., Barcelona1981Baixo licenza Alsthom.Serie 1900100px1901-1917FEVE, El BerrónCAF-Sunsundegui, Altsasu2002Reconstruídas a partir das Serie 1000.

NOTA: En letra grosa, modelos que continuaban en activo cando desapareceu a antiga compañía.

Automotores

ModeloImaxeN° de serieFabricanteAnoNotasSerie 2000 2001-20062011-2029Ferrostaal||1957||Adquiridas polo Ministerio de Obras Públicas para varias compañías de vía estreita, despois usadas por FEVE. |- |Serie 2100|| 100px||2101-21042111-21312141-2145||Billard1957Serie 2200 2201-2202MAN||1955|| |- |Serie 2300||100px||2301-2373||MAN1966Serie 2400100px2401-2479MTM, Barcelona1983Adquiridos por FEVE para outras liñas. Varios vendidos a Costa Rica.Listado del Material Ferroviario Español: FEVE - 2400. Consultado o 9 de xuño de 2009.Serie 2500 2501-2551MTM, Barcelona1988Reformadas e integradas á Serie 2400 como 2401 e 2451.Serie 2600100px2601-2624CAF-Sunsundegui, Altsasu1994Fabricados a partir da reconstrución de unidades da serie 2300.Serie 2700100px2701-CAF-Sunsundegui, Altsasu2009Modelo de nova construción. 23 unidades encargadas.León 7 días: Visita a las nuevas unidades 2700 de FEVE. Consultado o 9 de xuño de 2009. Serie 2900100px 2901-CAF-Sunsundegui, Altsasu2009Modelo de nova construción. Derivado do 2700.

Unidades eléctricas ModeloImaxeN° de serieFabricanteAnoNotasSerie 3300100px3301-3323CAF-Sunsundegui||2009||Formaron parte da serie 3500, pero quitouse o coche intermedio creando este nova serie. |- |Serie 3500||100px||3516-3537||CAF-Sunsundegui1977Serie 3600100px3601-36243625-3642CAF-Sunsundegui||2000||Fabricados a partir da reconstrución de unidades da serie 2300. |- |Serie 3800||100px||3801-3816||CAF-Sunsundegui1992

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Renfe Feve

Categoría:Renfe Operadora