San Salvador de Sobradelo é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2025 tiña 3 496 habitantes (1 805 mulleres e 1 691 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un leve aumento respecto ó ano 2016, cando tiña 3 412 habitantes, pero un descenso respecto a 2010, cando eran 3 569.

Sobradelo na cultura popular galega Cóntase que San Cibrán andaba a predicar polo Salnés, de lugar en lugar, pero era xa maior e cos achaques propios dunha idade avanzada. Decidiu ir en peregrinación a pedir axuda ó Apóstolo para recuperarse das moitas dores que padecía e, ó pasar por Sobradelo, deitouse un rato ó pé dun carballo e rezoulle á Virxe. A Virxe aparecéuselle e díxolle que quedaba da súa man, e Cibrán se curou no momento de tódalas súas dores.

Agradecéndolle a súa intervención, Cibrán levantou alí mesmo unha capela e mandou poñer na fachada unha imaxe da Quinta Angustia. A tradición posterior engade que, cando o santo morreu, labraron unha imaxe súa coa madeira do carballo onde descansou, déronlle o seu nome ó lugar: San Cibrán, un lugar da parroquia.

Co paso do tempo foi adquirindo sona como santo milagreiro, sanador da reuma, e na festa que se fai na súa honra, no mes de maio, os enfermos desta doenza achéganse á capela e o sancristán tócalle cunha réplica de pequeno tamaño da imaxe do santo. E disque curan.

Lugares e parroquias Lugares de Sobradelo

O IGE recolle tamén o lugar de Miramar, con 117 habitantes, que non vén no Nomenclátor.

Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía Mancomunidade do Salnés: San Cibrán, avogado da reuma [consultado o 2.01.2025]

Outros artigos Lugares de Vilagarcía de Arousa

Categoría:Parroquias de Vilagarcía de Arousa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador