Epifaniy ShanovTamén Épiphane Chanof (en ), nado o 18 de outubro de 1849 en Kazanlak e finado o 17 de febreiro de 1940 tamén en Kazanlak, foi un eclesiástico católico búlgaro, vigairo apostólico de Macedonia entre 1895 e 1924.

Traxectoria Naceu co nome de Boncho Genchev Shanov, e educouse inicialmente en Kazanlak. Aos 12 anos comezou a estudar no ximnasio grecocatólico de Edirne que levaba a Congregación da Resurrección de Cristo. Posteriormente proseguiu os seus estudos en Roma, e en 1873 foi ordenado sacerdote para a vigairía de Macedonia, comezando o seu ministerio en Tesalónica.

Logo da marcha do vigairo Lazar Mladenov, o 23 de xullo de 1895 foi nomeado vigairo apostólico e bispo titular de Livias. Recibiu a consagración episcopal o 8 de setembro.

En 1909 presentou a renuncia, mais iso non foi aceptado polo delegado apostólico en Constantinopla. Dirixiu a vigairía durante as guerras balcánicas. Logo da guerra perdera a súa diocese, que deixou na práctica de existir. Retirado en Kazanlak, o 17 de decembro de 1921 o papa aceptou a súa renuncia. Finou en Kazanlak o 17 de decembro de 1940.

Notas

Categoría:Nados en 1849 Categoría:Nados na provincia de Stara Zagora Categoría:Finados en 1940 Categoría:Bispos católicos de Bulgaria Categoría:Bispos católicos de Macedonia do Norte Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina búlgara Categoría:Bispos católicos de Grecia Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos católicos do século XX