Soter Stefan Ortynskyi de Labets (en ), nado o 29 de xaneiro de 1866 en Ortynychi (Ucraína) e finado o 24 de marzo de 1916 en Filadelfia (Estados Unidos) foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, 1º ordinario dos Estados Unidos dende 1907 até o seu pasamento.
Traxectoria Naceu o 29 de xaneiro de 1866 en Ortynychi (Reino de Galicia e Lodomeria). En 1889 fixo a profesión solemne como basiliano, e o 18 de xullo de 1891 foi ordenado sacerdote.
O 28 de febreiro de 1907 o papa Pío X nomeouno bispo visitador para os greco-católicos dos Estados Unidos de América, asignándolle a sé titular de Daulia. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo Andrei Sheptytskyi en Lviv o 12 de maio do mesmo ano. O 28 de maio de 1913 foi nomeado exarca apostólico dos Estados Unidos. Finou en Filadelfia o 24 de marzo de 1916.
Notas
Categoría:Nados en 1866 Categoría:Nados na rexión de Lviv Categoría:Finados en 1916 Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína