O río Missouri (, nome que deriva da tribo dos missouria, e que significa 'xente con canoas de madeira' [people with wooden canoes]) é o río máis longo de Norteamérica, o afluente máis longo nos Estados Unidos e unha das principais vías navegables do centro dos Estados Unidos. Nace nas Montañas Rochosas, no oeste de Montana, da confluencia de tres ríos: Jefferson, Madison e Gallatin. Flúe cara ao leste e o sur, atravesando as Grandes Chairas do leste de Montana, Dacota do Norte e Dacota do Sur, marcando a fronteira entre Nebraska e Iowa, e despois entre Kansas e Missouri, ata desaugar no río Mississippi ao norte da cidade de St. Louis (Missouri) tras percorrer 3767 km. O río drena unha conca pouco poboada e de clima semiárido de máis de 1300000 km² (aproximadamente unha vinteava parte do subcontinente norteamericano), que inclúe parte de dez estados dos Estados Unidos e de dúas provincias canadenses. Cando se considera coa parte baixa do río Mississippi, o sistema Mississippi-Missouri alcanza os 6275 km —o cuarto sistema fluvial máis longo do mundo— e drena unha conca de 2980000 km² —a sexta maior do mundo.
Desde hai máis de 12000 anos, moitas persoas dependeron do Missouri e os seus afluentes como fonte de sustento e transporte. Máis de dez grandes grupos de nativos americanos poboaron a súa conca, na súa maioría cun estilo de vida nómade, que dependían das enormes mandas de bisontes que unha vez vagaron a través das Grandes Chairas. Os primeiros europeos atoparon o río a finais do século XVII: foi descuberto polo explorador francés Étienne de Veniard. A rexión pasou por mans españolas e francesas antes de converterse en parte dos Estados Unidos, trala compra de Luisiana. Durante moito tempo creuse que o Missouri podería ser parte do Paso do Noroeste —unha vía de auga que enlazaría o Atlántico e o Pacífico—, pero cando a expedición de Lewis e Clark logrou percorrelo por vez primeira en toda a súa lonxitude, confirmouse que esa mítica vía polo interior do continente non era máis que unha lenda.
Durante o século XIX, o Missouri foi unha das principais vías para a expansión cara ao Vello Oeste. A principios de 1800, o crecemento do comercio da pel causou que os cazadores de peles explorasen a rexión e abrisen novos camiños. A partir da década de 1830, os pioneiros dirixíronse en masa ao oeste, primeiro en carromatos, e logo no crecente número de barcos de vapor que empezaron a operar no río. As antigas terras dos nativos na conca foron tomadas polos colonos, o que levou a algunhas das guerras máis longas e violentas contra os pobos nativos na historia estadounidense.
Durante o século XX, a conca do Misaouri desenvolveuse amplamente para a rega, o control de inundacións e a xeración de enerxía hidroeléctrica. Quince encoros embalsaron o curso principal do río, con centos máis nos seus afluentes. Os meandros reducíronse e o río canalizouse para mellorar a navegación, reducindo a súa lonxitude en máis de 320 km dos tempos anteriores ao desenvolvemento. Aínda que a parte baixa do val do río Missouri é agora unha rexión agrícola e industrial, poboada e altamente produtiva, o forte desenvolvemento cobrouse o seu prezo nas poboacións de fauna e peixes, así como na calidade das augas.
Varios tramos do Missouri foron declarados como río salvaxe e paisaxístico nacional: o 12 de outubro de 1976 un longo tramo de 239.8 km, en Montana; o 10 de novembro de 1978, outro tramo de 95 km, entre Nebraska e Dacota do Sur; e o 24 de maio de 1991, un último tramo de 62.7 km, tamén entre Nebraska e Dacota do Sur.Véxase en: «River Mileage Classifications for Components of the june 2008 National Wild and Scenic Rivers System», despoñible no sitio do Servizo Nacional de Parques dos EE. UU., en . Curso miniatura|esquerda|O lago Holter, un encoro no alto Missouri Tres son as correntes que corren polas ladeiras das montañas Rochosas de Montana e Wyoming para formar as cabeceiras do río Missouri, os ríos Jefferson, Madison e Gallatin. A máis longa comeza preto de Brower's Spring, a 2800 m sobre o nivel do mar, na ladeira sueste do monte Jefferson nas montañas Centennial. Flúe primeiro ao oeste e logo ao norte, correndo primeiro no arroio Hell Roaring, logo cara ao oeste no río Red Rock; vólvese ao noroeste ata converterse no Beaverhead, que finalmente se xunta co Big Hole para formar o río Jefferson. O río Firehole orixínase no lago Madison, no Parque Nacional de Yellowstone, en Wyoming, e únese co río Gibbon para formar o río Madison, mentres que o río Gallatin nace no lago Gallatin, tamén no parque nacional. Estes dous ríos flúen logo cara ao norte e noroeste no estado de Montana.
O río Missouri comeza oficialmente na confluencia do Jefferson e do Madison no parque estatal Missouri Headwaters, preto de Three Forks (Montana), e logo úneselle o Gallatin a apenas 1,5 km augas abaixo do nacemento. O Missouri pasa logo a través do lago Canyon Ferry, un encoro situado ao oeste das montañas Big Belt. Sae das montañas preto da localidade de Cascade e flúe cara ao noroeste ata a cidade de Great Falls, onde cae sobre as Great Falls of the Missouri, unha serie de cinco importantes cataratas. A continuación corre en dirección leste a través dunha pintoresca rexión de canóns e terras baixas coñecida como Missouri Breaks (Saltos do Missouri), tramo no que recibe ao río Marías (de 328 km), que chega desde o oeste, e logo se ensancha no encoro do lago Fort Peck a poucos quilómetros por encima da confluencia co río Musselshell (de 550 km). Máis adiante, o río pasa a través da presa de Fort Peck, e inmediatamente augas abaixo, recibe ao río Milk (1170 km) que se lle une chegando desde o norte.
Fluíndo cara ao leste a través das chairas do leste de Montana, o Missouri recibe ao río Poplar (269 km), procedente do norte, antes de atravesar a fronteira estatal e entrar en Dacota do Norte, onde o río Yellowstone, o seu maior afluente por caudal, se lle une desde o suroeste. Na confluencia de ambos ríos, o Yellowstone é en realidade o río máis caudaloso. O Missouri serpentea logo cara ao leste máis aló de Williston e chega á cola do gran lago Sakakawea, un encoro artificial formado pola gran presa Garrison. Augas abaixo da presa, o Missouri recibe logo ao río Knife, que o aborda desde o oeste, e flúe cara ao sur ata Bismarck, a capital de Dacota do Norte, onde se lle une o río Heart, que o aborda desde o oeste. Paseniño logo o Missouri o encoro do lago Oahe xusto antes da confluencia co río Cannonball. Mentres continúa cara ao sur, chega finalmente á presa Oahe, xa en Dacota do Sur, onde se lle unen os ríos Grand, Moreau e Cheyenne, todos chegando desde o oeste.
O Missouri describe a continuación unha ampla curva cara ao suroeste, e serpentea a través das Grandes Chairas, recibindo ao río Niobrara e moitos pequenos afluentes desde o suroeste. Seguidamente procede a formar a fronteira entre Dacota do Sur e Nebraska, e a continuación, logo de recibir ao río James polo norte, forma o límite entre os estados de Iowa e Nebraska. En Sioux City o río Big Sioux vén desde o norte. O Missouri flúe cara ao sur ata chegar á cidade de Omaha onde recibe o seu afluente máis longo, o río Platte, que chega desde o oeste.Twentieth Century Encyclopædia: A Library of Universal Knowledge, Vol. 5, pax. 2399 Augas abaixo, o Missouri marca a fronteira entre Nebraska e Missouri, logo flúe entre Missouri e Kansas. O río Missouri balancease cara ao leste en Kansas City (145786 hab.), onde recibe ao río Kansas desde o oeste, e así sucesivamente no centro norte de Missouri. Pasa ao sur de Columbia e recibe aos ríos Osage e Gasconade desde o sur augas abaixo de Jefferson City. O río entón rodea o lado norte da gran cidade de St. Louis para unirse ao río Mississippí na fronteira entre Missouri e Illinois.
Conca hidrográfica
Cunha conca hidrográfica de 1371000 km2, o Missouri drena case unha sexta parte dos Estados Unidos, aproximadamente o 5% de América do Norte. Comparable en tamaño coa provincia canadense do Quebec, a conca abarca a maior parte das Grandes Chairas centrais, estendéndose desde as montañas Rochosas, no oeste, ata o val do río Mississippí, no leste, e cara ao extremo sur do oeste do Canadá ata a fronteira da conca do río Arcansas. En comparación co río Mississippí por encima da súa confluencia, o Missouri é dúas veces máis longo e drena unha área tres veces maior. O Missouri representa o 45% do caudal anual do Mississippí pasada a cidade de St. Louis, e ata un 70% en época de certas secas. Note: This gauge is just below the Missouri confluence, so the Missouri discharge was subtracted from 5400 m3/s to get this amount.
En 1990, vivían na conca do Missouri preto de 12 millóns de persoas, case toda a poboación do estado de Nebraska, parte da dos estados de Colorado, Iowa, Kansas, Minnesota, Missouri, Montana, Dacota do Norte, Dacota do Sur e Wyoming, e pequenas porcións das provincias do sur canadense de Alberta e Saskatchewan. A cidade máis grande da conca é Denver, Colorado, cunha poboación de máis de seiscentos mil habitantes. Denver é a cidade principal do Front Range Urban Corridor cuxas cidades tiñan unha poboación combinada de máis de catro millóns en 2005, sendo a área metropolitana máis grande da conca do Missouri. Outros dos principais centros de poboación —na súa maioría situados na porción sueste da conca— son Omaha, Nebraska, situada ao norte da confluencia dos ríos Missouri e Platte; Kansas City, Missouri - Kansas City, Kansas, situado na confluencia do Missouri co río Kansas, e a área metropolitana de St. Louis, situada ao sur do río Missouri xusto por encima da súa desembocadura no Mississippí. Pola contra, a parte noroeste da conca está escasamente poboada. Con todo, moitas cidades do noroeste, como Billings, Montana, atópanse entre as de máis rápido crecemento na conca do Missouri. miniatura|esquerda|O Missouri en Dacota do Norte, que foi o lugar máis afastado augas arriba ao que os exploradores franceses lograron chegar. Con máis de 440 000 km2 de terras de cultivo, a conca do Missouri inclúe máis ou menos unha cuarta parte de todas as terras agrícolas dos Estados Unidos, provendo de máis dun terzo da produción de trigo, liño, cebada e avea do país. Con todo, só 28 000 km2 da terra de cultivo na conca son de regadío. Outros 730 000 km2 da conca dedícanse á cría de gando, principalmente gando vacún. As áreas forestadas da conca, na súa maioría de segundo crecemento, son un total de ao redor de 113000 km2. As zonas urbanas, doutra banda, representan menos de 34000 km2 de terra. As áreas máis urbanizadas atópanse ao longo do curso principal e nalgúns afluentes importantes, como o Platte e o Yellowstone.
A altitude na conca varía amplamente, desde pouco máis dos 120 m na desembocadura do Missouri ata os 4357 m da cima do monte Lincoln no centro de Colorado. O propio río Missouri cae un total de 2629 m desde Brower's Spring, a súa fonte máis afastada. Aínda que as chairas da conca teñen moi pouco relevo vertical local, o terreo elévase uns 1,9 m/km de leste a oeste. A altitude é de menos de 150 m no bordo oriental da conca, pero ten máis de 910 m sobre o nivel do mar en moitos lugares na base das Montañas Rochosas.