A estación de Puertollano é unha estación de tren de Adif da cidade de Puertollano, na provincia de Cidade Real. Foi inaugurada en 1992 coa posta en marcha da liña de alta velocidade Madrid-Sevilla, substituíndo á histórica estación de 1864. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación que se atopa situada a 711 metros de altitude forma parte dos trazados das seguintes liñas de ferrocarril: Liña férrea de ancho ibérico Cidade Real-Badaxoz, punto quilométrico 213,7.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento Liña férrea de ancho internacional e alta velocidade Madrid-Sevilla punto quilométrico 209,7.Puertollano (Est.)) Euroferroviarios

Historia O ferrocarril chegou a Puertollano o 19 de agosto de 1864 coa apertura do tramo Cidade Real-Puertollano da liña que buscaba unir Cidade Real con Badaxoz. A compañía dos Ferrocarrís de Cidade Real a Badaxoz foi a impulsora da liña e a súa xestora ata o 8 de abril de 1880 data na cal foi absorbida por MZA. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparación de MZA e a súa integración na recentemente creada Renfe.

En 1991 iniciouse a construción dunha nova estación para dar servizo á primeira liña de alta velocidade construída en España, a Madrid-Sevilla. O recinto foi inaugurado un ano despois integrándose nel o novo trazado e o trazado convencional. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota as liñas existentes mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias incluíndo a estación.

A estación O edificio levantado en 1992 é un recinto formado por un pavillón central baseado en dous enormes alicerces realizados con ladrillos vistos de gran sobriedade e varios anexos laterais. Conta con puntos de información, venda de billetes, máquinas expendedoras, aseos, e varios locais comerciais entre os que hai unha cafetería, tendas de agasallos e empresas de alugueiro de coches.

O acceso ás plataformas, un lateral e dous centrais, realízase principalmente grazas pasos subterráneos ou ascensores a excepción da plataforma lateral á que se pode acceder directamente. Foi dotada con catro vías de ancho internacional (dous sen acceso a plataforma) e tres vías de ancho ibérico.

No exterior dispón de varias zonas de aparcadoiro habilitadas, así como paradas de taxi e autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios Longa Distancia Actualizados a 4 de xullo de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións AVE Madrid-Puerta de Atocha Cidade Real · Puertollano · Córdoba Sevilla-Santa Justa 11/19 trens diarios por sentido AVE Madrid-Puerta de Atocha Cidade Real · Puertollano · Córdoba · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana Málaga-María Zambrano 5 trens diarios por sentido AVE Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Cidade Real · Puertollano · Córdoba Sevilla-Santa Justa 1 tren diario por sentido AVE Sevilla-Santa Justa Córdoba · Puertollano · Cidade Real · Cuenca-Fernando Zóbel Valencia-Joaquín Sorolla 1 tren diario por sentido Alvia Madrid-Puerta de Atocha Cidade Real · Puertollano · Córdoba · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía Sur Cádiz 1 tren diario por sentido Alvia Xixón Oviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía Sur Cádiz 1 tren diario por sentido Alvia Santander Torrelavega · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía Sur Cádiz 1 tren diario por sentido Altaria Madrid-Puerta de Atocha Cidade Real · Puertollano · Córdoba · Antequera-Santa Ana · Ronda · San Roque-La Línea Alxeciras 2 trens diarios por sentido Altaria Madrid-Puerta de Atocha Cidade Real · Puertollano · Córdoba · Antequera-Santa Ana · Antequera · Loja-San Francisco Granada 2 trens diarios por sentido

Media distancia Actualizados a 4 de xullo de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe Avant Madrid-Puerta de Atocha <> Puertollano Rexional Exprés Puertollano <> Badaxoz Avant Alcázar de San Juan <> Badaxoz

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Información na web de Adif

Puertollano Puertollano Categoría:Puertollano