Estonia participou no Festival da Canción de Eurovisión desde 1994, aínda que levaba tentándoo desde 1993. No seu primeiro intento non logrou clasificarse para a final, acabando en 5º lugar dunha semifinal organizada para introducir aos países debutantes que proviñan de Europa do Leste, celebrada en Liubliana (Eslovenia). miniatura|Neiokõsõ en Istanbul (2004) miniatura|Sandra Oxenryd en Atenas (2006). miniatura|Gerli Padar en Helsinqui (2007) miniatura|Kreisiraadio en Belgrado (2008) miniatura|Birgit Õigemeel en Malmö (2013) miniatura|Tanja en Copenhague (2014) miniatura|Elina Born e Stig Rästa en Viena (2015) miniatura|Jüri Pootsmann en Estocolmo (2016) Desde 1996 e até o 2002, Estonia logrou clasificarse para a final e obter boas posicións. No 2001, "Everybody" de Tanel Padar e Dave Benton gañou o festival. Foi a primeira vez que algún dos países ex-comunistas se alzou coa vitoria, e tamén foi o primeiro país báltico en logralo.
O triunfo de Estonia en 2001 foi totalmente inesperado, xa que as apostas daban como gañadores a Francia (4°), Grecia (3°), España (6°), Malta (9°) ou o país anfitrión Dinamarca (2°). Estonia alzouse co triunfo nunhas rifadas votacións. Como resultado desta vitoria, Estonia organizou o Festival en 2002, no Saku Suurhall en Tallin, daquela o país repetiu unha moi boa posición, quedando na terceira, empatada co Reino Unido.
A partir de entón non tivo o mesmo éxito; desde a introdución da semifinal en 2004 até 2008, Estonia non logrou avanzar ás finais, co engadido de que nin sequera conseguiu unha boa posición na mesma, tan só no 2004 quedou ás portas, tras conseguir unha undécima posición na semifinal.
Despois da pésima actuación do 2008 onde quedaron penúltimos na Semifinal 1, decidiron cancelar a preselección Eurolaul e cambiala polo Eesti Laul, o cal deu mellores resultados ao país. Por primeira vez desde que se impuxese as semifinais, Estonia pasou á final no ano 2009, coa canción "Rändajad" do grupo Urban Symphony, quedando no 6° lugar.
En 2010 foi a última vez que serían eliminados na semifinal. No 2011 volveu pasar como unha das grandes favoritas, pero quedou 24° na final, igualando a peor posición do país nunha final de 1994. No ano 2012, seguiron manténdose na final, esta vez con Ott Lepland e a canción "Kuula", cantada na súa lingua oficial. Finalmente conseguiu, de novo, un 6º posto con 120 puntos.
En 2013, volveron levar unha canción cantada no seu idioma oficial, titulada "Et uus saaks alguse", coa cantante Birgit Õigemeel. Por terceira vez consecutiva, Estonia clasificouse á final, esta vez cun 10º posto e, na final, quedou en 20º lugar con 19 puntos. En 2014, non conseguiu clasificarse á final. En 2015 Estonia levou un dúo composto por Stig e Elina, que pasaron á final co seu mellor resultado nunha semifinal igualando tamén, o de 2009. As apostas marcábanlles dentro do top 10, co cal quedaron 7º por detrás dos seus veciños de Letonia e por diante de Noruega. En 2016, Rästa volvía como compositor de "Play", un tema particular que quedou no último lugar do festival.
A pesar dos resultados, Estonia é considerado o país báltico máis exitoso na historia de Eurovisión, estando tan só 9 veces no TOP 10 na gran final (de 21 participacións).
Participacións Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts 1993 Millstreet Janika Sillamaa Muretut meelt ja südameetuld11x11px 11x11px 05 47 1994 Dublín Silvi Vrait Nagu merelaine 24 2Sen semifinaldeNon participou en 1995de 1996 Oslo Maarja-Liis Ilus & Ivo Linna Kaelakee hääl 05 94 05 106 1997 Dublín Maarja Liis-Ilus Keelatud maa 08 82Sen semifinais 1998 Birmingham Koit Toome Mere lapsed 12 36 1999 Xerusalén Evelin Samuel & Camille Camille Diamond of night 06 902000EstocolmoInesOnce in a lifetime0498 2001 Copenhague Tanel Padar, Dave Benton & 2XL Everybody 01 198 2002 (Tallin) Sahlene Runaway 03 111 2003 Riga Ruffus Eighties coming back 21 14 2004 Istanbul Neiokõsõ Tii11x11px 11x11px 11 57 2005 Kíiv Suntribe Let's get loud11x11px 11x11px 20 31 2006 Atenas Sandra Oxenryd Through my window11x11px 11x11px 18 28 2007 Helsinqui Gerli Padar Partners in crime11x11px 11x11px 22 33 2008 Belgrado Kreisiraadio Leto svet11x11px 11x11px 18 8 2009 Moscova Urban Symphony Rändajad 06 129 03 115 2010 Oslo Malcolm Lincoln Siren11x11px 11x11px 14 39 2011 Düsseldorf Getter Jaani Rockefeller Street 24 44 09 60 2012 Bakú Ott Lepland Kuula 06 120 04 1002013EstocolmoBirgit ÕigemeelEt uus saaks alguse20191052 2014 Copenhague Tanja Amazing11x11px 11x11px 12 36 2015 Viena Elina Born e Stig Rästa "Goodbye to yesterday" 07 106 03 1252016EstocolmoJüri PootsmannPlay11x11px11x11px1824 2017 Kíiv deKoit Toome e Laurade de«Verona»de<small>(Sven Lõhmus) 14 85 2018 deLisboade deElina Nechayevade de«La forza»de(Ksenia Kuchukova, Mihkel Mattisen, Elina Nechayeva, Timo Vendt) 8 245 5 201 2019 deIsraelde
Véxase tamén
Estonia Categoría:Música de Estonia