A gaivota polar (Larus glaucoides) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características Gaivota grande semellante á Gaivota hiperbórea. O corpo é branco con ás grises de ton pálido. A cabeza e a cola presenta manchas agrisadas. Peteiro amarelo cun pequeno sinal vermello na parte inferior. As patas son alaranxadas.

Distribución Cría en Groenlandia e no norte do Canadá, esporadicamente en Islandia. A maior parte da súa poboación inverna na costa oriental Norteamericana, dende Terra Nova ata Florida. Algúns individuos chegan ós grandes lagos e a zonas interiores dos Estados Unidos. É ocasional nas Illas Británicas e nas costas do Mar do Norte, Escandinavia e costa norte de Francia. Moi rara nas costas do Mar Cantábrico e o noroeste da Península Ibérica. Ausente do sur de Europa.

En Galicia Invernante accidental nas costa da provincia da Coruña, sobre todo exemplares xuvenís e entre xaneiro e marzo. Existen citas históricas entre os meses de outubro e marzo na provincia de Pontevedra, mais ningunha delas homologada.

Notas

Categoría:Láridos