O castelo de Peralada (en ) é un castelo situado no concello catalán de Peralada, na comarca do Alt Empordà, provincia de Xirona. Està dentro do núcleo urbano pero fóra do recinto amurallado da vila medieval, na zona de levante. En 1949 foi declarado ben cultural de interese nacional.
Historia Construído no século IX co nome de castelo Toló, foi residencia dos vizcondes de Rocabertí e dos condes de Peralada. Nos séculos IX e X aparece documentado o lugar de Peralada ou de Toló, que da nome a un condado ou pagus: comitato Petralatense (843), pago Tolonense e territorio Petralatense (880), castro Tholone (977) e villa Petra Lata (974).
Foi restaurado a finais do século XIX ao estilo dos castelos franceses. Está declarado ben de interese cultural e nel celébrase cada verán o Festival Internacional de Música Castell de Peralada.
Notas
Peralada Categoría:Bens de Interese Cultural de Cataluña Categoría:Peralada