San Cibrao de Barreiro é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 43 habitantes (21 mulleres e 22 homes), 24 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Xeografía Está situada ao norte do concello. Foi unha das primeiras parroquias na que se levou a cabo a concentración parcelaria. Toponimia O topónimo Barreiro probablemente se deba á existencia dun terreo abundante en arxila ou do cal se extraía o barro para a construción.
Patrimonio A igrexa de San Cibrao de Barreiro é un edificio de grandes dimensións, con planta rectangular moi desproporcionada entre o ancho e o longo. Nos laterais da nave hai dous arcosolios de medio punto baleiros, que albergaron os retablos laterais do século XVIII, hoxe desaparecidos.
Festas Celebra as súas festas patronais na honra de San Cibrao.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Barreiro
Parroquias de Antas de Ulla
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla
Categoría:Parroquias de Antas de Ulla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrao