miniatura|Os cans son comúns na terapia asistida con animais. A zooterapia ou terapia asistida con animais (TAA, en , AAT), é unha actividade cuxo obxectivo é escoller, adestrar e certificar animais, que sexan de apoio en tratamentos e terapias para pacientes de tódalas idades, con doenzas que os debilitan e afectan no eido social, emocional e cognitivo.O termo "terapia" úsase moito en prensa e mesmo en entidades benéficas, mais convén matizar que esta actividade non substitúe tratamentos médicos, psicolóxicos ou educativos convencionais.Andrés Sendra, Judith. Apoyo psicosocial, atención relacional y comunicativa en instituciones. Promoción del bienestar personal y social de las personas dependientes. 1ª edición. Ideas Propias Editorial, ano 2009. Páxinas 190-191. As especies máis empregadas son cans, gatos, cabalos, aves, coellos e golfiños.

Non existe base científica para o tratamento do autismo, outro tipo de discapacidade intelectual ou enfermidades mentais. O emprego de mascotas como axudantes de terapias convencionais remóntase a 1792 en Inglaterra, onde se trataron doenzas mentais. Posteriormente, en 1867, os animais de compañía interveñen no tratamento de epilépticos en Alemaña. En 1944, a Cruz Vermella Americana organizou, no Centro para Convalecentes da Forza Aérea de Nova York, o primeiro programa terapéutico de rehabilitación dos aviadores.

En Galiza Na comunidade galega existen diversas experiencias de intervencións asistidas con animais, especialmente con cans de terapia. Entre elas, programas promovidos por entidades sociais e fundacións, orientados ao acompañamento emocional, á mellora da autonomía ou á motivación e ao apoio en contextos educativos e sanitarios.

Por exemplo, a Fundación Andrea desenvolveu iniciativas de terapias caninas, desde 2025 para acompañar pacientes de hematoloxía e oncoloxía pediátrica entre outros. Tamén a Fundación María José Jove desenvolveu intervencións con cans en campos como a saúde mental, a pediatría hospitalaria, os trastornos da conduta alimentaria, os coidados paliativos e a atención a persoas en situación de vulnerabilidade. Outras asociacións e organizacións, en distinta medida, levaron adiante actividades similares.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Andrés Sendra, Judith. Apoyo psicosocial, atención relacional y comunicativa en instituciones. Promoción del bienestar personal y social de las personas dependientes. 1a edición. Ideas Propias Editorial, ano 2009. Páxinas 190-191. Chavez Aguiar, Hiran David. De la percepción a la razón, nociones de psiquiatría animal (Etología). Sociedad Venezolana de Médicos Veterinarios. Páxinas 191- 193.

Outros artigos Cognición animal Consciencia animal Comportamento animal

Categoría:Medicina alternativa Categoría:Psicoloxía Categoría:Zooloxía